PELOUROS

PELOUROS

miércoles, 30 de octubre de 2024

Os Pelouros celebran o Samaín

 Esta semana estamos celebrando na aula o Samaín e grazas a colaboración das familias que compartiron unha cabaza connosco puidemos facer o obradoiro de baleirado de cabazas. O que máis lle gustou foi o medo que daba ao final a nosa cabaza terrorífica!


 

sábado, 26 de octubre de 2024

Aniversarios de Outubro

 Este mes de outubro tivemos de aniversario na aula a dous curmans:Telmo e Ainara que celebran o seu 5º aniversario no mesmo mes .

Xuntos decoraron a coroa e despois de cantar os Parabéns e soprar as candeas fomos a papar eses boliños tan ricos . Tamén tivemos tempo para escoitar e bailar as nosas cancións favoritas. Parabéns Ainara e Telmo!


 




jueves, 24 de octubre de 2024

Biblioteca: Apadriñamentos Lectores

 Hoxe 24 de Outubro celebramos no colexio A Pedra o aniversario da nosa mascota o pulpo Papirus.

Este ano, ademais da presentación que fixeron do tema deste curso "Levántase o pano", explicando a orixe do teatro e outras cousas curiosas dese tema, tivemos unha actividade moi especial e foi que os nenos e nenas de 3ºA achegáronse ao cole para recoller aos Pelouros e acompañalos ata o cole de primaria, onde nos tiñan preparada a dramatización do conto "A mosca chosca" . Eses nenos e nenas que agora están en 3º tamén foron pelouros cando estaban en infantil, así que foi para min unha felicidade poder compartir con eles este anaquiño de tempo. A obra foi xenial porque todas e todos son uns artistas!  O mellor de todo e que coidaron con moito agarimo dos Pelouros. 

Graciñas por ter ensaisado tanto e facernos gozar do teatro!


 



miércoles, 23 de octubre de 2024

Os Pelouros visitan a panadería

 Este mes de outubro estamos traballando no proxecto do millo, e tiñamos programada unha visita a panadería de Olga pero tivemos que esperar a que o tempo nos permitira sair cos nenos e nenas . 

Hoxe mércores, alá fomos, todos contentos e Carlos explicounos moi ben todo o proceso de facer o pan e deixounos amasar o noso boliño de pan. Foi unha experiencia fantástica para tod@s, e estamos moi agradecidos a Carlos pola súa paciencia e por sacar do seu tempo de traballo para facernos esta actividade.


 

viernes, 18 de octubre de 2024

Os Pelouros fan madalenas de cabaza

Este ano a colleita na nosa horta foi moi pobre , pero aínda así colleitamos unha pequena cabaza que polo seu peso era perfecta para facer a receita de madalenas de cabaza, e unha receita moi sinxela pero aos Pelouros encantoulles!