Os Pelouros pasan moito tempo argallando cousas, ideas, que as veces plasman, coma neste caso, nunha escultura. Quero compartir este momento coas familias porque é moi fermoso velos traballar xuntos, durante o tempo de xogo libre construindo entre tod@s. Deixeinos mover cadeiras e banquetas e quedaron moi contentos co resultado!
PELOUROS
martes, 14 de mayo de 2024
Contacontos con Anxo
O pasado luns achegouse ao cole, Anxo, avó dun neno de Primaria, que quiso compartir connosco un anaco do seu tempo, para contarnos un conto do trasno "serpican", metade serpe e metade can e das súas trasnadas. Grazas por facernos gozar dunha historia tan fantástica!.
domingo, 12 de mayo de 2024
Plantamos na horta
O pasado venres recibimos un agasallo da avoa de Iria, Pilar, que nos trouxo da sua horta unhas plantas de xudías , cabazas e calabacíns. E alá fomos, co sacho na man , a botar un pouco de terra nova , un pouco de abono e despois plantar e regar , e a ver que pasa ... coseguiremos os Pelouros que as nosas plantas medren ?
miércoles, 8 de mayo de 2024
Taller pintado de unllas
Correlingua 2024
O pasado martes 7 de maio saímos do cole para ir ao Correlingua que este ano cadraba na nosa vila, berrando o lema "Dende aquí até acolá galego xa" pola defensa da nosa lingua.
O primeiro que fixemos foi ir aos xogos tradicionais que a asociación Corredoira nos tiña preparado, despois merendamos para repoñer forzas antes do concerto da "Gramola gominola " coa que non paramos de cantar e bailar...claro que acabamos... esgotados!
lunes, 6 de mayo de 2024
FALADOIRO SOBRE ARTES DE PESCA
Hoxe tivemos a sorte no colexio de infantil de contar coa visita do Patrón Maior da Cofraría de pescadores de Bueu José Manuel Rosas, que ademais é o avó de Lara , co cal ésta estivo encantada!
José foinos explicando as diferencias entre algunhas especies moi semellantes para que non nos den gato por lebre, como por exemplo: volandeiras e zamburiñas, navallas e longueiróns, ameixas babosa , rubia etc
Tamen coñecemos as distintas artes de pesca , diferentes tipos de nasas ...
Foi un taller estupendo porque puidemos tocar e ver, e coa experiencia, sempre se aprende mais .
Incluso tivemos tempo de xogar a ir nun barco e botar as redes para pescar : as redes quedaron cheas de pelouros e furabolos, que gozaron dunha maña moi mariñeira
Para finalizar, e relacionado co noso proxecto, José recomendounos manter limpo o mar e non botar nel plásticos.
Grazas a José e o seu equipo por ensinarnos tantas cousas!
jueves, 2 de mayo de 2024
Tempo en Abril
Este mes de Abril , e despois de moitos meses de choiva non se cumpliu o refran de "En Abril augas mil"porque tivemos , a maior parte, moi bo tempo.
Como sempre fixemos unha estimación e despois unha torre para ver cal era máis alta e por último o conteo : 14 días de sol , 5 de choiva e 2 nubrados.
Esperemos que Maio esté tan bó tempo coma Abril , que de estar pechados xa estamos cansos!