Mostrando entradas con la etiqueta Día do teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do teatro. Mostrar todas las entradas

domingo, 29 de marzo de 2026

Actividades Fin do 2ºTrimestre

 Esta última semana antes das vacacións estivemos moi atarefados na aula dos Pelouros 

O martes fixemos unha búsqueda, no patio, de ovos de Pascua , que despois comemos ( xa sabedes que co  chocolate somos un pouco larpeiros...😋 ) 

Como o tempo está tan bo , gozamos da actividade un montón

O xoves celebramos o Día do Teatro e recibimos a visita do alumnado do Joham Carballeira para representar unhas obriñas axeitadas a nosa idade. Grazas a todos e todas por participar!
 
 A mestra de apoio Carla todas as semanas adica unha sesión para traballar cos Pelouros a robótica. Nas fotos podedes ver canto aprenden e como les gusta actividade.

 

 

Para rematar a semana colaboramos coa marcha solidaria, en favor de Cáritas, xunto con todo o alumnado do centro.

Despois de tanta actividade toca un descansiño. Felices vacacións de Pascua!
 

 

sábado, 29 de marzo de 2025

Día do teatro

 Este ano para celebrar o Día do teatro contamos coa axuda de alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Johan Carballeira, a maioría antiguos Pelouros, que viñeron ao noso cole para representar a obriña "De que cor son os bicos?  e dun xeito moi divertido entusiasmaron ao público que quedou encantado. 

Despois estiveron cos nenos e nenas mentres debuxaban de que cor lle parecían os bicos e tamén xogaron xuntos a distintos xogos de mesa como parchís, oca, domino e incluso xadrez.