PELOUROS

PELOUROS

miércoles, 30 de noviembre de 2022

Meteoescolas: O tempo en Novembro

 Aínda que temos a sensación de que choveu moito este mes , a cousa estivo mais equilibrada.

Este mes usamos os depresores para contar os días de choiva , sol ou nubrado que houbo.

Como podemos observar na foto houbo empate entre sol e choiva, e un pouco menos de días nubrados.

Así, os Pelouros vanse achegando a noción de número, traballan o conteo dunha forma significativa  e tamén lúdica, que é como mellor se aprende.



 

domingo, 27 de noviembre de 2022

Protagonista: ROI

 Esta semana tocoulle estar de prota a Roi que gozou sendo o prota da clase , cumpliu moi ben coas súas tarefas de prota e contounos o seu libro onde descubrimos todas as cousas que lle gusta facer.

Grazas familia por facer posible esta   actividade escollendo as fotos e elaborando a biografía de este compañeiro.



 

Aniversario de Novembro

 Este mes tivemos de aniversario a Alex que xa ten os tres anos e mirade que contento sae na foto! Cómo non, era o seu día, o pasado venres soprou as candeas, cantamos a canción dos aniversarios, comemos boliños moi ricos e divertímonos moito! Parabéns!


 

sábado, 19 de noviembre de 2022

Robótica

Este curso coa implantación do novo currículo da nova lei de educación, e para poñer en páctica unha das liñas de actuación do mesmo que invita "ao deseño de actividades STEAM que faciliten a aplicación do pensamento computacional e que axuden ao alumnado a superar situacións problemáticas de xeito creativo e orixinal" os nen@s acuden unha vez por semana a actividade de robótica coa profe Lucía, van por grupos e están aprendendo ciencia, pensamento lóxico e estimulando a súa creatividade case sen decatarse.







 

viernes, 18 de noviembre de 2022

Protagonista: SIMÓN

Esta semana estivo colaborando nas tarefas de protagonista Simón, que ao pasar lista tivo que ver como esta  semana estaban moitos compañeir@s enfermos. Simón fíxoo xenial , foi quen de pasar lista, facer o conteo, poner o símbolo do tempo, poñer as letras do seu nome e, o  que máis lle gusta aos protas: ir de primeiro na fila.

Grazas familia por aportar un libro tan completo contándonos tantas cousas sobre Simón, coa vosa axuda pouco a pouco os Pelouros vanse coñecendo mellor e convertíndose nun grupo maravilloso! 


 

miércoles, 16 de noviembre de 2022

O Magosto

 O pasado xoves dia 10 celebramos no colexio o noso Magosto, unha das festas tradicionais que mais nos gusta. Na aula fixemos unha coroa para estar guap@s para a festa, Este ano, relacionado co proxecto do cole sobre o xogo, contamos coa participación dos usuarios da Asociación Juan XXIII que nos acompañaron programando un recorrido por nove xogos tradicionais que eles mesmos foron quen de elaborar no taller de carpinteria do seu centro. Foi unha oportunidade magnífica para coñecelos e estamos moi agradecidos pola súa colaboración. Os nen@s gozaron cos xogos , e despois de cantar a canción do magosto, "O outono" de Uxía Lambona, todos xuntos/as, poidemos probar as castañas que asara o noso conserxe Ramón. Como podedes ver no video o primeiro Magosto no cole dos nosos Pelouros foi moi especial.


 

jueves, 10 de noviembre de 2022

Protagonista: UXÍA

Esta semana tivemos de prota a Uxía, como a todos os protas encantoulle colaborar coas tarefas da asamblea: pasar lista, poñer as  letras do seu nome, debuxarse na pizarra...

Tamén trouxo un precioso libro cheo de fotos onde nos conta as cousas que máis lle gusta facer.

Grazas familia por aportar esta biografía a nosa aula para que coñezamos mellor a Uxía. 




 

jueves, 3 de noviembre de 2022

Degustación de froita do outono

 Hoxe fixemos na clase unha degustación de froita do outono: pera, mazá,uvas, caqui, mandarina,granada...

Tod@s participamos probando , algunhas  gustáronnos máis, outras menos, pero o importante foi que gozamos coa experiencia.😋

 






 

miércoles, 2 de noviembre de 2022

Samaín

 No cole tamén nos gusta celebrar as festas tradicionais da nosa terra e por iso este venres para celebrar o Samaín, a festividade de orixe celta para celebrar o cambio de estación e a colleitas, baleiramos dúas cabazas e todos os Pelouros colaboraron  e gozaron da actividade, como podedes ver no video...


 

Aniversarios de Outubro


 O pasado venres 28 celebramos na aula dos Pelouros o aniversario de Ainara, Liam, Telmo, que cumpliron 3 anos no mes de outubro e tamén Carla que cumpliu no verán. Como veredes na foto coincidiu coa celebración do Samaín por iso aparecen tan terroríficos!

Fixemos unha festa de aniversario e comemos uns boliños e unhas galletas de samaín. Parabéns para tod@s!