Mostrando entradas con la etiqueta Fin de curso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fin de curso. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de junio de 2026

Fin de curso

 Esta semana chegaron por fin as actividades que os Pelouros estaban esperando . O mércores con moita ilusión fomos a celebrar o festival e a graduación dos nosos compañeiros e compañeiras que se van para primaria . Nós colaboramos cantando a canción de "Fun ao mercado" que tanto nos gusta, e bailamos xenial!

Ao voltar ao cole tivemos a nosa merendola , onde celebramos que xa faltaba pouquiño para as vacacións...

O venres fomos a despedir o curso no cole de primaria gozando da actuación do mago. Grazas a todas as familias que puideron achegarse ata o cole. 

Disfrutade do verán , Felices vacacións!!!😎 


 



sábado, 22 de junio de 2024

Fin de curso

 Para celebrar o fin de curso tivemos o xoves 20 o concerto de Brais das Hortas que nos sacou o sorriso a grandes e pequenos e nos contaxiou coa súa arte musical. Movemos o esqueleto e quedamos con ganas de máis!

Para rematar o venres 21 tivemos merendola e festa na aula e diversos xogos no patio. Este curso pasou voando...

FELICES VACACIÓNS, PELOUROS!