Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Contacontos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de enero de 2026

Contacontos Kalandraka: Paco Nogueiras

 Este mércores tivemos a visita de Paco Nogueiras que achegouse ao cole  de Infantil para contarnos varios contos: Flores; Grande e pequena; Unha eiruga moi larpeira; Non é unha caixa é unha cidade; e A banda que ninguén coñece. Tamén tocou o ukelele, o acordeón...

Os Pelouros , que son moi fans dos contos , disfrutaron moito con esta actividade.


 


sábado, 29 de marzo de 2025

Contacontos : Paco Nogueiras

 O xoves tivemos a visita de Paco Nogueiras que veu para contarnos uns contiños acompañados da súa música: acordeón, ukelele... 

Empezou contando o contiño "Violín", despois levounos "Polo mar salgado", e contounos as aventuras dus bechos e o sapo co conto : "Tarde de sapo". 

Para traballar o conteo, o conto de  "Cinco ratiños" e o premiado "Bom Bam Bum" sobre tres amigos que van cara a praia e polo camiño van sumando bañistas e para rematar  "Un dous tres , ti que ves" 

Como sempre con Paco os nenos e nenos gozaron con cada conto e pasárono xenial!!!

 Grazas á editorial Kalandraka por esta actividade.

 


 

viernes, 22 de noviembre de 2024

Protagonista Telmo: As avoas Charito e Rosario

Esta semana temos a Telmo  de protagonista e tivemos a sorte de que o mércores puideran achegarse ata o cole as duas avoas .

Primeiro a avoa de Meiro contounos as súas aventuras cun raposo e outras historias dos seus animais e conseguiu que os Pelouros estivesen moi atentos e gozaran con esas historias verdadeiras.

Despois contáronnos o conto "O último canto" e mesmo foron quen de que os Pelouros e a mestra cantasen "O sole mio" a canción  que sae no conto . Un relato precioso sobre a vida e a morte , sobre como seguir as pegadas dos nosos pais para que estos se sintan orgullosos de nós.

Grazas avoas por vir ao cole e colaborar co esta actividade.

 


 


martes, 14 de mayo de 2024

Contacontos con Anxo

 O pasado luns achegouse ao cole, Anxo, avó dun neno de Primaria, que quiso compartir connosco un anaco do seu tempo, para contarnos un conto do trasno "serpican", metade serpe e metade can e das súas trasnadas. Grazas por facernos gozar dunha historia tan fantástica!.



 

viernes, 9 de febrero de 2024

Contacontos: Boni Ofogo

 O pasado xoves tivemos a sorte de contar na nosa escola coa visita de Boniface Ofogo, autor de libros como "O león Kandinga", "A paso de tartaruga" e "O elefante que perdeu o seu ollo" e contounos estes dous últimos, despois de contarnos como na súa aldea en Africa todas as noites , sen televisión, facían a carón do lume, cantos e contos tradicionais.

Destacou a importancia de achegar aos nenos e nenas dende idade temperá, á tradición oral, como piar da súa formación humana e cultural.

Grazas tamén ao ilustrador Marc Taeger que acompañou a Boni debuxando ao elefante do conto, que nos invita a tomarnos as cousas con calma...

Moitas grazas  á editorial Kalandraka por facer posible esta actividade.


 

domingo, 4 de febrero de 2024

Contacontos : "Lúa quere viaxar a...Marte"

 O pasado xoves tivemos un contacontos moi especial porque achegouse ata o cole a autora de "Lúa quere viaxar a Marte" , Celtia, para contarlles a través duns títeres a historia da gatiña que quería chegar a Marte a pesar de atopar moita oposición no seu empeño. Ao final tamén tivo tempo de ir asinando os contiños.

Grazas familias por agasallar aos nenos con este conto e facer posible este contacontos tan especial!