PELOUROS

PELOUROS

viernes, 22 de marzo de 2024

Aniversarios Marzo: Helena e André

 Hoxe venres ademais de celebrar o fin do trimestre fixemos unha festa de aniversario na aula para Helena e André que xa teñen 5 anos. 

 Primeiro decoraron a súa coroa e despois xuntos cantamos a canción de Parabéns para poder, a continuación, gozar das lambetadas e da festa rachada!




 

jueves, 21 de marzo de 2024

Protagonista: Iria

 Esta semana tivemos de protagonista a Iria, que é a última da lista e polo tanto tivo que esperar moito tempo para ser prota e estaba moi contenta de que por fin chegou a súa semana. 

O pasado mércores achegáronse ata o cole o seu pai Sergio, a súa nai Noelia e o seu irmán Mauro, que viñeron para ensinar, aos nenos e nenas, diversos materiais e falarnos da sua orixe e do seu uso: madeira, cobre, aceiro, cristal, plástico...

Sergio trouxo de agasallo para a aula unha caixa de madeira que os Pelouros axudaron a rematar: lixar, apretar os tornillos co taladro, e por último, decorar estampando as mans en pintura.

Na aula tamén deixaron un libro  interactivo para que os nen@s poidan seguir aprendendo do tema.

Grazas familia por vir ata o cole e facernos disfrutar aprendendo cousas novas!

 

miércoles, 20 de marzo de 2024

BECHOS

 O martes tivemos a visita no cole de Miguel, de "Mundo bichos", un biólogo , que sinte paixón polos bechos e veu ata a aula para ensinarnos moitas cousas destes pequenos bechiños: qué comen , cómo se reproducen , onde viven ...

Tamén permitiu que os nenos e nenas tocasen a maioría dos insectos: o insecto pau, o saltón de folla verde, as cascudas , os escaravellos, os milpés, e incluso a tarántula , que como veredes nas fotos moitos valentes atrevéronse a tela nas mans.

Os Pelouros gozaron moito da actividade, pero sobre todo Roi , porque é tamén un apaixonado dos bichos e por pouco non deixa marchar a Miguel!😂

 


 
 





martes, 19 de marzo de 2024

As olimpíadas de Pelouros e Furabolos

 O pasado luns durante a xornada de psicomotricidade, celebramos as nosas pequenas olimpíadas.

Previamente xuntamos a Furabolos e Pelouros para elaborar equipos mixtos e facer a actividade todos xuntos gozando do xogo cooperativo.

Xa podedes ver nas fotos o ben que o pasamos!








 





jueves, 14 de marzo de 2024

Protagonista: Alex

 Este mércores tivemos a visita na escola de David, o pai do noso protagonista da semana, Alex, que veu para iniciarnos no mundo da electricidade. Despois de explicarnos un pouco, ensinounos como montar un circuito eléctrico e pouco a pouco seguindo as suas instruccións fomos quen de conseguir acender a bombilla! Os nenos/as estaban alucinados ! 

Pero David aínda nos tiña outra sorpresa: a bola de Tesla, que os Pelouros puderon tocar e comprobar como facian raios. Estaban todos moi emocionados con tanto descubrimento. 

Grazas David polo agasallo dos circuitos e adicar tempo a ensinarnos tantas cousas!





 

domingo, 10 de marzo de 2024

Día Internacional da Muller

Na aula dos Pelouros estamos facendo un proxecto sobre a antiga Grecia e aínda que os gregos deixaron grandes coñecementos e sistemas de goberno, como a democracia, tamén estamos comprobando o papel da muller en aquela sociedade , así que o 8M reflexionamos sobre a sorte que temos de vivir na actualidade e das conquistas acadadas no tema da igualdade, e a vontade de seguir loitando para  dar as nosas nenas unha sociedade máis xusta.

Todo o colexio de infantil elaborou un mural conxunto cheo de bolboretas que simbolizan a liberdade.

 




 

Protagonista :Telmo

 O pasado luns tivemos a sorte de contar coa visita da familia de Telmo, que está esta semana de protagonista: Sari, a nai e Curri o pai. Viñeron a falarnos do seu traballo nunha empresa de accesorios para o coche . Ensinaron as pezas que fabrican, os materiais que empregan e as probas que fan para comprobar a sua calidade. Tranformaron a aula nun laboratorio improvisado donde todos os nenos e nenas participaron en probas químicas e físicas. Despois cada equipo pudo decorar o seu coche de cartón cos embelecedores que trouxeron. 

Grazas familia por participar !!!






 

sábado, 2 de marzo de 2024

Protagonista: Ainara

 Esta semana tivemos de protagonista a Ainara, que estivo facendo as suas tarefas de prota moi contenta durante toda a semana, pero non foi ata o venres que se achegou a sua familia ata o cole para facer unha actividade: Zulema a nai, Martín o irmán, e Salva o pai.

 Neste caso foi Salva que nos falou do seu traballo de cociñeiro e quiso facernos unha demostración ensinando aos Pelouros como elaborar unha pizza. Foi unha experiencia xenial , na que todos participaron de xeito cooperativo, e como resultado final , unha merenda de pizza ...imaxinade ...encantoulles!!!😋 

Grazas familia!




 

viernes, 1 de marzo de 2024

Visita alumnas/os do Johan Carballeira

 O pasado xoves tivemos a segunda visita de alumnos e alumnas do IES Johan Carballeira que como estan realizando un proxecto sobre os antigos celtas, investigando sobre as nosas raíces. Xa viñeran hai uns meses a agasallarnos cun labirinto celta , e nesta ocasión agasallaron a cada nena e neno co debuxo do seu animal no horóscopo celta e deixaron na clase un libriño co nome dos animais en lingua de signos.

Grazas por compartir connosco!



Tempo en Febreiro

 Este mes , o mais curto do ano, estivemos falando de que como era ano bisiesto ten 29 dias en vez de 28.

Estivemos na asamblea analizando o tempo cada día , e gozamos de moitos dias de sol , sobre todo na primeira semana. Cando xa rematou o mes chegou o momento de facer estimacións sobre que tempo gañaria. Como podedes ver na foto fixemos unhas torres con pezas de madeira , e tivemos mais sol que choiva, 11 a 7!