O pasado venres tivemos o aniversario de Manuel. Fixemos unha festa na aula cunha rica merenda e a ledicia de ter acadado os 5 anos,
Parabéns Manu!
O pasado venres tivemos o aniversario de Manuel. Fixemos unha festa na aula cunha rica merenda e a ledicia de ter acadado os 5 anos,
Parabéns Manu!
Este curso escolar todo o noso colexio implicouse na tarefa de tomar conciencia sobre a importancia de loitar por salvar o planeta e os Pelouros tamén fixeron un pequeno proxecto sobre os obxectivos do desenvolvemento sostible. Para empezar as familias aportaron información e fixemos un mural entre tod@s. Despois fomos tratando os obxectivos un a un para rematar afondando mais no numero 6 : "Auga limpa para todos" e recalamos noutro proxecto relacionado co lema ."Gota a gota a auga se agota" donde descubrimos a importancia da auga para a vida do planeta e mesmo plantamos unha semente para experimentar como coa axuda da auga medraba unha plantiña de cabaza.
Agora todos os Pelouros tratan de reciclar ,reutilizar , e colaborar para que o noso planeta sexa un lugar mellor.
Esta iniciativa saiu dos mesmos nen@s da aula que querían compartir os seus contos favoritos da casa . Así que apoveitamos a hora de ler despois do patio para ter un momento de relax escoitando os contos que traian da casa , ás veces a profe leía o conto e os nen@s amosaban as imaxes , outras veces eles mesmos se encargaban de contalo. O momento mais fermoso era ao rematar cando todos lle daban as grazas ao compañeir@ que trouxera o conto. Agora , dende aquí tamén quero agradecer ás familias a sua colaboración. Gazas por compartir
Hoxe os Pelouros fixemos un experimento na aula tod@s trouxeron diversos obxetos e foron establecendo hipótesis de sí se afundiría ou non. A estes pequen@s científicos gustoulles moito a actividade!
Este mes de Abril na aula dos Pelouros tivemos un único protagonista : Beni , que xa se sumou aos compañeir@s da clase que teñen 5 anos . Coma sempre aos pelouros encántanlle as lambetadas e dos boliños so deixaron unhas migallas polo chan. Felicidades Beni!
O pasado mércores fomos de visita ao Museo Massó para coñecelo, ver os cadros de Lugrís e tamén facer unha búsqueda do tesouro especial porque a través das diferentes salas tiñamos que atopar imaxes de gaivotas.