domingo, 1 de noviembre de 2026

Aniversario de Outubro: Elia

Este xoves celebramos na aula o aniversario de Elia que se suma aos que xa teñen 4 anos . Fixo a súa coroa e decorouna . 

Cantamos a canción de "Parabéns para ti" antes de soprar as candeas para despois poder degustar os boliños que tanto nos gustan. Rematamos con música e baile. 

Parabéns Elia! 


 


Obradoiros de Samaín

 Este venres celebramos os obradoiros de Samaín para rematar unha semana chea de actividades.

Empezamos escoitando un contacontos dun lobo feroz que quería ser feliz , despois fomos ao taller de baile , probamos sorte nunhas caixas especiais cheas de cousas noxentas , algúns probaron sorte , a outros doulles noxo...ao final houbo un tatoo de agasallo para todos.

Despois xogamos a facer o teatro de trick or treat coa profe Marina de inglés, e xa cansos fomos repoñer forzas cunha merendola especial  de Samaín .

Para rematar xogamos no patio e fixemos no derradeiro obradoiro unha manualidade dun esqueleto.

Grazas a todos! Foi unha xornada fantástica!!! 


 



Obradoiro de baleirado de cabazas

 Esta semana do Samaín tamén atopamos tempo para baleirar unha cabaza na aula, que Roi trouxo para compartir connosco. 

Entre todos os Pelouros fomos sacando todo o que a cabaciña tiña dentro, fixemos boca ollos e nariz, con toda a aula a escuras, puxemos a candea na cabaza .

Para rematar música de Samaín e baile , que ben o pasamos!