Este último trimestre estivemos xuntando os dous proxectos do cole: o teatro e a Romaría polo que elaboramos na aula unha pequena obra de teatro co tema da romaría. Estreamos a obra despois de moitos ensaios no festival da nosa graduación e como os Pelouros son uns artistas fixérono xenial!!!
viernes, 20 de junio de 2025
jueves, 22 de junio de 2023
Festival de fin de curso
O mércores día 21 chegou o tan esperado día do fin de curso e da celebración do festival de infantil e a graduación dos nenos e nenas que se van para primaria.
O chegar ao cole puxemos as algas e os peixes na camiseta e xa fomos para o auditorio do instituto Johan Carballeira, como podedes ver nas fotos estamos esperando o inicio da actuación .
Fomos os primeiros en subir ao escenario para cantar e bailar a nosa canción , mirade que ben o facemos!
O que máis nos gustou foron as obras de teatro que fixeron os maiores sobre todo porque saían personaxes do noso conto favorito "Cocorico"
Ao voltar ao cole estabamos un pouco esfameados, menos mal que nos esperaba unha rica merendola e como un día e un día, esta vez si puidemos comer gominolas , patatatillas, pelotazos, galletas...
Despois xogamos no patio e aínda quedamos con forzas para ir á festa da ANPA pola tarde.
Este curso pasou voando familias, grazas pola vosa colaboración, estes Pelouros son maravillosos, espero que disfrutedes do verán, e ata Setembro!