PELOUROS

PELOUROS

sábado, 22 de junio de 2024

Fin de curso

 Para celebrar o fin de curso tivemos o xoves 20 o concerto de Brais das Hortas que nos sacou o sorriso a grandes e pequenos e nos contaxiou coa súa arte musical. Movemos o esqueleto e quedamos con ganas de máis!

Para rematar o venres 21 tivemos merendola e festa na aula e diversos xogos no patio. Este curso pasou voando...

FELICES VACACIÓNS, PELOUROS!




 

miércoles, 19 de junio de 2024

Compartindo proxectos: Visita de 4ºA aos Pelouros

 Hoxe Mércores recibimos a visita na aula dos Pelouros dos alumnos de 4ºA que se achegaron coa súa mestra Ami para compartir connosco algús dos seus proxectos. 

Primeiro empezou Bosco a expoñer sobre o lagarto arnal , aprendemos moitas cousas e fixoo tan ben que os Pelouros puideron acertar todas as preguntas sobre o bicho , claro que, xa sabedes que temos algún fan dos animais por aquí entre os Pelouros...

Despois Alba e Naara ensinaron a súa maqueta dunha cidade imaxinaria feita con material de refugallo , explicaron como fixeran cada cousa e o material empregado.

Por último, outros nenos e nenas sairon a explicar a pirámide e a roda alimenticia insistindo na necesidade de comer dun xeito saudable e variado.

Despois os alumnos de 4º puderon gozar do noso patio e recordar o ben que o pasaban por alí cando eran cativos.

Moitas grazas amiguiñ@s pola visita , encántounos a experiencia de compartir os coñecementos adquiridos, porque todos aprendemos uns de outros. 

 





 

lunes, 17 de junio de 2024

Receita: Macedonia

O luns pola maña os Pelouros elaboraron unha receita na aula moi saudable: Macedonia

Eles mesmos lavaron, cortaron e mesturaron as froitas , para despois poder degústalas . Moi boas debían de estar, porque moitos repetiron ata 3 e 4 veces!!!





 

viernes, 14 de junio de 2024

Aniversarios de xuño e xullo: Leo e Lara

 Este venres celebramos os aniversarios de Leo que cumple en xuño e Lara que cumple en xullo.

Xuntos decoraron as coroas  e sopraron as candeas . Parabéns para ests amiguiños que xa teñen 5 anos !!!

 





miércoles, 12 de junio de 2024

Festival de fin de curso

Hoxe celebramos o festival de fin de curso e a Graduación dos compañeir@s de 6º de Infantil, e alá fomos estreando camisetas, e dispostos a cantar a nosa canción "Unha vella tiña un can" baseada no conto de Dona Carme e como veredes no video fixémolo moi ben!!!


 

miércoles, 5 de junio de 2024

Visita ao Museo de Pontevedra

 Onte os Pelouros, xunto cos Furabolos, tiveron a súa excursión de fin de curso, e como estamos traballando a arte nestes últimos dias de clase achegámonos ata o Museo para facer alí un talller onde nos axudaron a entender a arte a través de tres sentidos : a vista, o oído e o tacto. O que máis nos gustou foi descubrir un cadro da pintora galega Maruja Mallo que coñeceramos no primeiro trimestre.

 Despois fomos ata un parque para merendar e repoñer forzas antes de ir a xogar. Como podedes ver nas fotos estaban felices de compartir esta aventura xuntos!.


 

lunes, 3 de junio de 2024

Aniversarios Maio: Ada

 O pasado venres celebramos na aula o aniversario de Ada que cumpliu 5 anos este maio, aproveitamos a ocasión para cantarlle a canción de "Parabéns para ti" , comer uns boliños e bailar un anaco, que ,  como  sabedes , aos Pelouros a festa rachada encántalles! 




 

sábado, 1 de junio de 2024

Tempo en Maio

 O tempo en Maio , estivo ben repartido, tivemos un pouco de todo. Esta vez usamos as fichas do dominó para facer o conteo e ,como podedes ver, foron 7 dias de choiva e 13 de sol, e por primeira vez algún neno xa foi quen de dicir cal era a diferencia , cantos días máis tivemos de sol. Estes Pelouros son uns cracks das mates!

 

 


 

martes, 14 de mayo de 2024

Creatividade

 Os Pelouros pasan moito tempo argallando cousas, ideas, que as veces plasman, coma neste caso, nunha escultura. Quero compartir este momento coas familias porque é moi fermoso velos traballar xuntos, durante o tempo de xogo libre  construindo entre tod@s. Deixeinos mover  cadeiras e banquetas e quedaron moi contentos co resultado!



 

Contacontos con Anxo

 O pasado luns achegouse ao cole, Anxo, avó dun neno de Primaria, que quiso compartir connosco un anaco do seu tempo, para contarnos un conto do trasno "serpican", metade serpe e metade can e das súas trasnadas. Grazas por facernos gozar dunha historia tan fantástica!.



 

domingo, 12 de mayo de 2024

Plantamos na horta

O pasado venres recibimos un agasallo da avoa de Iria, Pilar, que nos trouxo da sua horta unhas plantas de xudías , cabazas e calabacíns. E alá fomos, co sacho na man , a botar un pouco de terra nova , un pouco de abono e despois plantar e regar , e a ver que pasa ... coseguiremos os Pelouros que as nosas plantas medren ? 

 






miércoles, 8 de mayo de 2024

Taller pintado de unllas

Hoxe fixemos unha actividade moi especial e diferente, xa que fomos invitados polo IES Johan Carballeira para facer un taller de pintado de unllas cos alumn@s do ciclo de Imaxe Persoal, que deixaron elexir a cada neno e nena  a cor da que querían pintar as unllas e  , como veredes nas fotos, a experiencia foi de pura felicidade! 
Grazas por facer posible esta experiencia! 
 




 

Correlingua 2024

 O pasado martes 7 de maio saímos do cole para ir ao Correlingua que este ano cadraba na nosa vila, berrando o lema "Dende aquí até acolá galego xa" pola defensa da nosa lingua.

O primeiro que fixemos foi ir aos xogos tradicionais que a asociación Corredoira nos tiña preparado, despois merendamos para repoñer forzas antes do concerto da "Gramola gominola " coa que non paramos de cantar e bailar...claro que acabamos... esgotados!




 

lunes, 6 de mayo de 2024

FALADOIRO SOBRE ARTES DE PESCA

 Hoxe tivemos a sorte no colexio de infantil de contar coa visita do Patrón Maior da Cofraría de pescadores de Bueu José Manuel Rosas, que ademais é o avó de Lara , co cal ésta estivo encantada!

José foinos explicando as diferencias entre algunhas especies moi semellantes para que non nos den gato por lebre, como  por exemplo: volandeiras e zamburiñas, navallas e longueiróns, ameixas babosa , rubia etc

Tamen coñecemos as distintas artes de pesca ,  diferentes tipos de nasas ...

Foi un taller estupendo porque puidemos tocar e ver, e coa experiencia, sempre se aprende mais .

Incluso tivemos tempo de xogar a ir nun barco e botar as redes para pescar : as redes quedaron cheas de pelouros e furabolos, que gozaron dunha maña moi mariñeira 

Para finalizar, e relacionado co noso proxecto, José recomendounos manter limpo o mar e non botar nel plásticos.

Grazas a José e o seu equipo por ensinarnos tantas cousas!






jueves, 2 de mayo de 2024

Tempo en Abril

 Este mes de Abril , e despois de moitos meses de choiva non se cumpliu o refran de "En Abril augas mil"porque tivemos , a maior parte, moi bo tempo. 

Como sempre fixemos unha estimación e despois unha torre para ver cal era máis alta e por último o conteo : 14 días de sol , 5 de choiva e  2 nubrados.

Esperemos que Maio esté tan bó tempo coma Abril , que de estar pechados xa estamos cansos!



lunes, 29 de abril de 2024

Día do Libro : Contacontos no Bibliocastelo

O pasado luns visitamos o Biblioteca de Primaria, os Pelouros xunto cos Furabolos, para facer alí unha sesión de contacontos, pero antes de chegar aproveitamos que Ramón estaba no composteiro para aprender un pouco máis do proceso da compostaxe e animar a todos e todas a sumarnos a esta iniciativa que reduce os residuos do noso planeta.
 
 
 

Xa na biblioteca Teruca contou o conto "A tartaruga que quería durmir" sobre a importancia da amizade e como tartaruga agradece as atencións dos seus amigos , pero o único que quere e durmir.

Toñi contou "O oso atrapa bolboretas" unha historia sobre a bondade e a amizade.

Ao contar os contos sempre temos en conta a parte didáctica dos mesmos, porque o que nos interesa da actividade, ademais do puro lecer, e trasmitir valores e facer de estes nenos e nenas mellores persoas.

 Coma sempre que saimos do cole gozamos dunha maior motivación para calqueira actividade e disfrutamos moito da visita ao Bibliocastelo onde pudemos saudar ao noso amigo Papirus.


 

miércoles, 24 de abril de 2024

23 de abril Día do libro

 O pasado 23 de Abril  celebramos  o Día do Libro, os Pelouros aproveitamos o bo tempo para sair a ler os nosos contos favoritos á montaña , sentados na herba daba gusto velos contar os seus contos uns a outros , conectados polo poder máxico dos libros creando vinculos entre todos. Sen dúbida, estes Pelouros, xa aprenderon a compartir !

Despois os Pelouros fixeron o debuxo do conto que mais lle gustou. Que artistas!



Grazas familias por colaborar con esta actividade 




 

lunes, 22 de abril de 2024

22 de Abril Día da Terra

 O 22 de Abril celebramos na aula o Día da Terra facendo unha coroa e tomando conciencia sobre a importancia de coidar o noso planeta dentro do proxecto que estamos traballando das tres erres: reducir, reciclar e reutilizar


 

miércoles, 10 de abril de 2024

Ponte a zero

 O pasado martes día 9 tivemos na aula o taller que ofrece a Deputación de Pontevedra dentro do programa Ponte a zero, que para nós foi a actividade de "Pekerecicla", que nos servirá de punto de partida para o noso proxecto de este trimestre sobre as tres erres, para concienciar sobre a reciclaxe, a reducción de lixo, e como reutilizar o material de refugallo. Grazas a esta actividade cocienciámonos da importancia da reciclaxe a través de xogos e propostas divertidas.





 

martes, 2 de abril de 2024

Tempo en Marzo

Este mes, sempre relacionando o tempo co conteo, despois de observar cada día e facer un rexistro, para contar os días de sol e choiva que tivemos usamos un xogo de números de madeira Sumblox onde cada número ten unha altura equivalente a sua cifra. Mirade o resultado: