PELOUROS

PELOUROS

viernes, 31 de marzo de 2023

Protagonista: Iria

 Esta última semana antes das vacacións tivemos de prota a Iria, que será a última da clase en ser prota toda unha semana enteira. Bueno, Iria estaba moi ilusionada coa tarefa e tamén foi quen de contarnos a súa biografía, que como viña tamén en lingua de signos dou pé na aula a falar do tema de outras formas de comunicación , outras linguaxes.

 No seu libro coñecemos a súa familia, especialmente o seu irmán Mauro, e tamén nos amosou as cousas que máis lle gusta facer .

Grazas a prota por facelo tan ben e á familia por colaborar!




 

jueves, 30 de marzo de 2023

Xogo : Búsqueda de ovos de Pascua

 Este xoves que, que xa estamos rematando o trimestre aproveitamos o bo tempo para sair ao patio e atopar os ovos de chocolate agachados pola montaña do patio.

Despois de correr arriba e abaixo, cansos e felices, e atopalos, o que máis nos gustou foi: comelos!!!Que bos estaban!😋











 

sábado, 25 de marzo de 2023

Protagonista: Alex

 Esta semana tivemos de prota a Alex que estivo facendo as súas labores de pasar lista, colocar o símbolo do tempo de cada día, e facer o conteo dos compañeir@s que estaban no cole ou na casa. 

Alex estivo moi contento de ensinarnos o libro da súa biografía onde nos amosou con fotos como era de bebé e as cousas que máis lle gusta facer.

Grazas familia por colaborar con esta actividade.



 

sábado, 18 de marzo de 2023

Protagonista: Telmo

 Esta semana tivemos de prota a Telmo, que estaba moi contento de ser prota e pasou lista e fixo o conteo moi ben .  Como podedes ver nas fotos colocou as letras do seu nome e debuxou o seu esquema corporal.

Logo contounos o libro da sua biografía, a súa familia , o seu irmán Cosme, as súas actividades favoritas, algunha curiosidade , que lle encantou aos Pelouros, como que ten un dente máis ca os demais, así cando os compañeiros o debuxaron nos se esquececeron de poñerlle os sete dentes!😂




 

domingo, 12 de marzo de 2023

Protagonista : Liam

 Esta semana estivo Liam de protagonista, moi contento de pasar lista, facer o conteo dos que viñeron ao cole e os que faltan, e ademais das outras tarefas  de prota, escribiu o seu nome e fixo o seu debuxo. Pero , sen dúbida o que máis nos gustou foi a súa biografía, porque alí contounos cousas da súa familia galega e de Nova Zelanda e, como os Pelouros estaban interesados no tema, falamos do kiwi paxaro que so vive nese país e tamén do "haka" típico da cultura maorí e que normalmente representan os All Blacks antes de xogar.

Ademais contounos no libro as cousas que lle gustan  e presentounos a súa irmá Sofía. Agora xa podemos dicir que coñecemos a Liam un pouquiño máis!

Grazas familia por colaborar nesta actividade!




 

Contacontos en lingua de signos

 O pasado xoves achegáronse ao noso cole un grupo de alumn@s do Johan Carballeira, acompañados por Noelia, para deleitarnos cun contacontos en lingua de signos. Estes alumn@s fixéronnos gozar con contos como "Lúa", "Animais" e "Violín" pero sen dúbida o que máis nos gustou foi o conto "Que chega o lobo!" cun final que sorprendeu a nenos e maiores.

Despois estiveron de visita na aula dos Pelouros, algúns deles foran alumnos da profe Toñi , e gozamos dun tempo especial lembrando vellas historias e interactuando con nosos cativos, que estaban encantados coa visita.

Deixaron un agasallo na aula, os contos signados. Grazas por esta actividades e polo tempo que pasamos xuntos.





 

Contacontos: Paco Nogueiras

O pasado martes día 28 de Febreiro tivemos a visita no cole de infantil de Paco Nogueiras, acompañado do seu acordeón,  que nos contou algúns contos da editorial Kalandraka como "Chibos, chibóns" ,  "Mr. Magnolia"," Polo camiño", e algún máis. Grazas a Paco por conseguir que os nenos e nenas pasaran un tempo estupendo gozando coa música e os contos.

Gazas tamén a editorial Kalandraka por concedernos esta actividade tan motivadora.



domingo, 5 de marzo de 2023

Aniversarios de Febreiro

 Este mes tivemos que cambiar a data dos aniversarios e aínda así non puidemos celebralo todos xuntos😂. O martes celebramos os aniversarios de Febreiro con Simón e Roi e outro día de Daira. Agora xa teñen os tres... 4  anos!

Como sempre fixemos festa rachada na aula , cantando a canción de "Parabéns para ti" e puidemos comer uns ricos boliños.

Parabéns para tod@s!!!





Meteoescolas: Tempo en Febreiro

 Este mes na escola tivemos todos os días de sol, por iso representamos cunha torre con pezas amarelas, 16 días de sol, que puidemos gozar do patio e cero días de choiva e de nubrado.

 



Protagonista: Ainara

 Esta semana tivemos de protagonista  a Ainara que estaba moi ilusionada co seu papel de prota. Ela colocou as letras do seu nome , comprobamos que é un dos máis largos da clase e fixo o seu debuxo.

Despois contounos o libro da súa biografía, onde coñecemos a súa familia e o seu irmán pequeno Martín.

Grazas familia por colaborar nesta actividade que os nenos e nenas tanto lle gusta.