PELOUROS

PELOUROS

martes, 31 de enero de 2023

Aniversario de xaneiro: Uxía

 Para rematar ben o mes de xaneiro celebramos o aniversario de Uxía que é a primeira en cumplir 4 anos e festexamos con ela o seu aniversario cantandolle a canción de Parabéns e comendo uns ricos boliños de leite para a nosa merenda.



 

lunes, 30 de enero de 2023

DÍA DA PAZ

 O Luns 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz, empezamos contando o conto "Leonor y la paloma de la paz" e fixemos unhas coroas coa pomba da paz na nosa aula. Despois realizamos a nosa primeira saída ata o colexio de primaria para celebrar xuntos  esa festividade. Gustounos moito saudar aos nen@s de primaria , sobre todo os que teñen irmáns alí. Cada aula leu o seu manifesto pola paz,  cantamos xuntos a canción de "Convivindo" e en inglés "All you need is love" . 

 Aínda que a paz é algo que traballamos todos os días na aula ese foi unha celebración especial que disfutamos xunt@s.






 

domingo, 29 de enero de 2023

Protagonista: Leo

Esta semana tivemos de prota a Leo, que participou encantado nas tarefas da Asamblea, destacou por ser quen de facer o conteo, dos nen@s que viñeran ao cole , sen axuda!

Contounos a súa historia, que ademais de galego é grego como seu pai, presentounos a toda a súa familia e especialmente o seu irmán maior: Alex

Como todos os protas compuso as letras do seu nome e fixo o seu autorretrato. 


 Tamén estivo acompañado un día por Iria que quiso amosar na clase como era un aguacate. 

Grazas familia por colaborar!

 

jueves, 26 de enero de 2023

Plantamos na horta do colexio

 

O martes os Pelouros fomos traballar por primeira vez na horta do cole. Esta foi unha nova experiencia para eles e como nos gusta facer as cousas xuntos ala fomos co sacho na man! Plantamos leitugas , espinacas e allos porros . Houbo que manchar as mans pero iso non foi problema os Pelouros so estaban un pouco molestos polo cheiro a esterco…😂

Despois na clase contamos un dos contos favoritos da profe Toñi “A mellor sopa do mundo” e aí comprobaron como cos vexetais que plantamos poderían nun futuro facer unha boa sopa. Serán os Pelouros bos cociñeiros ademais de bos agricultores? Teremos que comprobalo nun futuro…











 

 

viernes, 20 de enero de 2023

Protagonista : Ada

 Esta semana tivemos de prota a nosa compañeira Ada , que estivo moi contenta de ser prota, e foi quen de superar a súa timidez e contarnos a sua biografía , as cousas que mais lle gustan e as experienxcias que comparte coa súa familia. Na foto podedes ver que ben fixo o seu autorretrato, é toda unha artista!


 

viernes, 13 de enero de 2023

Protagonista: Pedro

 Esta semana tivemos de protagonista a Pedro que estaba moi contento de ser prota , ser o primeiro na fila , pasar lista na asamblea, poñer o calendario... Ademais compuso as letras do seu nome , fixo o seu autorretrato, e o que máis lle gustou foi ensinar o seu libro, onde aprendemos da súa familia, e sobre todo falounos da súa irmá Lucía, coa que comparte moitos xogos.

Grazas familia por colaborar con esta actividade!

 


 

lunes, 9 de enero de 2023

Agasallos de Reis

 Hoxe luns voltamos ao cole despois das vacacións de Nadal e atopamos unha sorpresa, que os Reis Magos tamén pasaron polo cole para deixarnos uns agasallos: uns puzzles, un xogo para a casiña e tamén unha caixa de Number Blocks, esto na aula dos Pelouros, e os nenos e nenas enseguida se decataron de que estos xogos eran para compartir. Así da gusto velos xogando entre tod@s!


 


Meteoescolas : O tempo en Decembro

 Este mes de Decembro na escola soamente rexistramos o tempo ata o día 22 que demos vacacións, e, como podedes ver despois na foto, este mes gañou a choiva, aínda que tamén tivemos algunhas mañas con sol e poucos días nubrados.

Este mes fixemos torres para ver cal era máis alta e tamén contamos e puxemos o número total para irnos afacendo coa grafía dos números que é un dos obxectivos da Educación Infantil.

 


 

sábado, 7 de enero de 2023

Galletas de Nadal: O homiño de mazapán

 Este mes de Decembro, e para traballar a unidade temática do Nadal, estivemos traballando na aula o conto "O homiño de mazapán" que lles encanta aos Pelouros. Fixemos algunhas fichas relacionadas co conto pero  faltabanos por probar a receita, e esta última semana fomos quen de amasar , estirar e dar forma a estas ricas galletas.😋

Despois de facelas  e comprobar o ricas que estaban aínda nos sobraron para compartir cos nenos e nenas de Primeiro de Primaria que viñeron a facernos unha visita.

Para que vexades todo o proceso aquí tendes un novo video dos Pelouros: