PELOUROS

PELOUROS

sábado, 30 de noviembre de 2024

Protagonista: Ainara

 Esta semana tivemos de protagonista a Ainara e o mércores recibimos a visita da súa avoa Rosario e a bisavoa Fita. Esta contounos moitas cousas do seu traballo, e mesmo aproveitamos a ocasión para preguntar cousas do noso proxecto "Imos de Romaría " como nós iremos de cantar de cego , ela recordaba cando hai moito tempo viñan os cegos a actuar os días de mercado diante da plaza, contounos moitas cousas do tema.

A avoa Rosario contounos o conto "Once damas atrevidas" , conto que fai unha divertida retroconta e remata en Bueu!

E Fita, xa que esta semana e a celebración da non violencia contra as mulleres, contounos o conto de "Maruxa" que trata sobre a importancia de repartir as tarefas domésticas .

Graciñas por achegarvos ao cole e compartir un anaquiño de tempo connosco.


 


viernes, 22 de noviembre de 2024

Protagonista Telmo: As avoas Charito e Rosario

Esta semana temos a Telmo  de protagonista e tivemos a sorte de que o mércores puideran achegarse ata o cole as duas avoas .

Primeiro a avoa de Meiro contounos as súas aventuras cun raposo e outras historias dos seus animais e conseguiu que os Pelouros estivesen moi atentos e gozaran con esas historias verdadeiras.

Despois contáronnos o conto "O último canto" e mesmo foron quen de que os Pelouros e a mestra cantasen "O sole mio" a canción  que sae no conto . Un relato precioso sobre a vida e a morte , sobre como seguir as pegadas dos nosos pais para que estos se sintan orgullosos de nós.

Grazas avoas por vir ao cole e colaborar co esta actividade.

 


 


jueves, 14 de noviembre de 2024

Protagonista Alex: a avoa Mari

Esta semana estivo de prota Alex, e hoxe tivemos a sorte de contar coa visita da súa avoa Mari, que veu a contarnos moitas historias dos seus  animais : os años aos que lle daba o biberón , as cabras que subian ao tellado da casa, os porquiños pequenos que se agochaban debaixo das follas secas... Os Pelouros estaban moi atentos , encantoulles escoitar todas as historias de cando a avoa Mari era mais nova e coidaba de moitos animais.

 Graciñas  Mari, por achegarte ata o cole e facernos participes das túas aventuras ! 


 

Magosto 2024

Este ano celebramos o Magosto o mércores día 13. Primeiro fomos a comprobar como asaba Ramón, o noso conserxe, as castañas e tamén aproveitou para facernos algúns dos seus trucos de maxia . Esta vez tocoulle a Ainara participar, e, todos quedaron abraiados cando da súa cabeza sairon castañas. Grazas Ramón !

Despois , grazas ao bo tempo, puidemos gozar no patio, cos xogos populares que nos trouxo a asociación "Corredoiras". Xogamos coas chapas , trompos, aros , corda , carozos ...e non podian faltar os pelouros aos que a profe Toñi era tan aficionada cando era pequena. 

Fixemos carreiras de sacos , saltamos a corda... foi unha xornada xenial!

Para rematar xuntámonos todos os nenos e nenas para cantar a canción do Magosto e despois papar as castañas; que estaban boisimas!😋


 





jueves, 7 de noviembre de 2024

Protagonista Iria: A avoa Pilar

 Esta semana esta de prota Iria , e tivemos a visita no cole da súa avoa Pilar que veu a falarnos da sua horta . Ensinounos un aguacate e trouxo outro preparado para que medrase na aula . Despois fomos para a horta onde os Pelouros colaboraron en limpar arrancando o millo. Despois, Pilar ensinou como plantar unhas patacas , allos e repolos . Esperemos que esta vez non veñan os caracois a darse en banquete!

Grazas, avoa Pilar, por achegarte a clase dos Pelouros e ensinarnos tantas cousas.

 


 




domingo, 3 de noviembre de 2024

Obradoiros de Samaín

 Este mércores celebramos no cole os obradoiros de Samaín. Primeiro tocounos mover o esquelete coa profe Toñi que nos fixo bailar coa música de Samaín. Despois a profe Marta ensinounos a facer unha apócema. Mais tarde acudimos a facer unha manualidade terrorífica coa profe Ana. Despois tivemos que facer unha paradiña para repoñer forzas e tomamos unha merenda especial de samaín. 

Acudimos á biblioteca para facer o obradoiro de contacontos , cun xogo cooperativo de montar un puzzle por grupos e facer unha cara monstruosa con plastilina.

Para rematar a teacher Marina amosounos o  treat or trick.

Pasamos unha xornada xenial!!! Grazas a todas as profes porcolaborar!