PELOUROS

PELOUROS

jueves, 25 de noviembre de 2021

SUPERHEROÍNA

 O pasado 25 de novembro fixemos algunhas reflexións, partindo da visualización do vídeo "SUPERLOLA",  unha nena que quere cambiar o mundo.

"Educar en igualdade é o instrumento para prever todo tipo de violencia cara as mullleres , potenciando actitudes de respeto hacia o feminino".

É que mellor exemplo de superheroína que a nosa nai.

O relato dos pequenos/as sobre a súa superheroína plasmouse nos seus debuxos.

Aquí tedes os resultados:







Mesa de luz


 Xogando e experimentando coas letras na mesa de luz.





domingo, 14 de noviembre de 2021

HORTOS ESCOLARES

O noso estilo de vida asociado ás comidas e a actividade física , son unha combinación sólida para un bo e san crecemento.

A base da dieta galega, ten o seu fundamento nos alimentos de proximidade e de tempada.

En Bueu temos a sorte de poder desfrutar destas virtudes grazas á cercanía do mar , a boa climatoloxía e un vínculo coa terra que as xeracións precedentes combinaron e continúan realizando.

Por iso, que mellor idea que tratar de que os nosos pequenos poidan traballar a terra e cultivala.

A ANPA do noso cole participou nesta iniciativa poñendo a nosa disposición aros prefabricados .

Unha vez enchidos de area e terra, comezou a nosa implicación no proxecto: "Hortos escolares"

A primeira tarefa foi limpar de pedras o terreo de plantación.

A continuación  volcamos unha bolsa de mantilllo e sustrato para enriquecer a terrra.

Esperamos que nunhas  semanas poidamos comprobar o seu crecemento.








viernes, 12 de noviembre de 2021

Magosto 2021














 

Este ano contamos coa aportación da ASOCIACIÓN CORREDOIRAS, asociación que se preocupa pola conservación e difusión dos XOGOS TRADICIONAIS.

Grazas a sua laboura, poidemos xogar no patio a : os zancos, os aros, a chave e o aro.