PELOUROS

PELOUROS

martes, 30 de enero de 2024

Día da Paz

 O 30 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz, e despois de facer unha pomba de papel fomos a celebralo xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de Primaria. Para eso achegamonos ao seu cole e escoitamos os lemas de cada aula sobre as cousas que nos ensina o deporte: xogar en equipo, facer amigos, gañar e perder, seguir as normas...

Despois tivemos a sorte de contar coa visita de Olalla das Tanxugueiras que cantou connosco a súa canción "Terra" que nós estiveramos aprendendo coa nosa profe de música.

Para finalizar o acto soltaron unha pomba que foi un bo final para unha actividade que nos encantou , aínda que sabemos que o reto é vivir a paz todos os dias.



 

sábado, 27 de enero de 2024

Aniversarios de xaneiro: Dania e Uxía

 Como xa empezamos un novo ano os Pelouros empezan a ter 5 anos e Dania foi a primeira en celebrar xunto con Uxía neste mes de xaneiro. As dúas , como boas amigas que son, fixeron a súa coroa e decoraron ao seu gusto e despois de cantar e soprar as candeas tocou comer eses deliciosos boliños. Parabéns Dania e Uxía!!!

 



 

Demostración de Tiro con Arco

 

O pasado venres os nenos e nenas de infantil fomos ata o cole de primaria para ver no ximnasio unha demostración de tiro con arco. Neste caso foi Ramón, o noso conserxe, que practica este deporte olímpico o que aceptou a nosa invitación para contarnos como se practica este deporte, xa que este ano as nenas e nenos de Infantil eliximos como disfrace o de “diana”.

Ramón explicounos moi ben que o tiro con arco é un deporte olímpico que usa un arco para disparar frechas a unha diana, Amosounos o seu equipo : o arco desmontado, o equipo de protección ( dactilera para protexer os dedos, e protector de brazo), o “carcaj” para gardar as frechas , as plumas das frechas.

Despois da explicación e de aclarar todas as dúbidas, fixo unha demostración , lanzando as frechas á diana sen pasar da liña. Esa foi a parte mais emocionante: Ramón é un arqueiro estupendo , merece unha medalla!




 

miércoles, 24 de enero de 2024

Protagonista: André

Hoxe tivemos no cole a visita da familia de André, que está de prota esta semana. Por sorte achegouse ata o cole toda a familia: Alba, Rubén, e o irmán maior, Xoel. 

Esta familia decidiu contarnos un conto moi especial, "El atlas de los lugares que no existen", onde nos falaba de países que soamente existen no mundo dos soños. O que máis nos gustou do conto foron as ilustracións.

André é un protagonista moi detallista e quiso agasallar as súas compañeiras e compañeiros cunha pulseira para cada un, feitas por él mesmo.

Despois cada equipo decorou un globo, facendo unha cara divertida con diversos elementos : ollos, pompóns, papel, rotus... Pasámolo xenial!!!

Grazas familia por colaborar! 

 





 

miércoles, 10 de enero de 2024

PROTAGONISTA: HELENA

 ESTA SEMANA ESTIVO DE PROTAGONISTA A HELENA, E HOXE MÉRCORES TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA VISITA DA SÚA NAI ,VALERIA, QUE ACHEGOUSE AO COLEXIO PARA FALARNOS SOBRE O SEU PAÍS DE ORIXE: VENEZUELA. ELA CONTOUNOS ALGUNHAS COUSAS E DESPOIS AS NENAS E NENOS FORON FACENDO PREGUNTAS PARA IR COÑECENDO MÁIS DE ESE PAÍS. 

O QUE MAIS LLE GUSTOU AOS PELOUROS FOI A RECEITA TÍPICA DO SEU PAÍS : AS AREPAS , QUE VALERIA FIXO PARA QUE PUIDESEN PROBAR QUE RICAS ESTÁN!

 AS AREPAS RECHEAS DE QUEIXO ESTABAN BOÍSIMAS!😋

GRAZAS FAMILIA POR COMPARTIR ESTA ACTIVIDADE CONNOSCO! 



 

AGASALLOS

 ESTE ANO OS REIS MAGOS TAMÉN SE ACHEGARON AO COLEXIO PARA DEIXAR ALGÚNS AGASALLOS NA AULA DOS PELOUROS .COMO VEREDES NAS FOTOS OS NENOS E NENAS QUEDARON ENCANTADOS COS AGASALLOS!