PELOUROS

PELOUROS

lunes, 16 de noviembre de 2020

Magosto





O pasado venres festexamos no cole o tradicional Magosto. Fomos agasallados cun fermoso día de sol. Ramón empezou ben cedo a asar as castañas para que estivesen listas para a hora da merenda. Os pelouros baixamos a ver como asaba, e Ramón fixonos un pouco de maxia. Grazas Ramón!

Despois comemos as castañas , cantamos a canción do Magosto e saímos ao patio a seguir xogando.
Pasamos un tempo estupendo.