PELOUROS
martes, 21 de diciembre de 2021
viernes, 17 de diciembre de 2021
NADAL
Comezando o mes de Nadal, puxemos en marcha actividades e talleres de manualidades, que tanto nos gustan.
O primeiro que fixemos foi alumear a aula estampando con patacas.
Creamos neve!
Días mais tarde tocounos amasar, estirar, marcar e cortar bonecos de xenxibre e árbores, para cando secaran pintalos e decoralos.
jueves, 25 de noviembre de 2021
SUPERHEROÍNA
O pasado 25 de novembro fixemos algunhas reflexións, partindo da visualización do vídeo "SUPERLOLA", unha nena que quere cambiar o mundo.
"Educar en igualdade é o instrumento para prever todo tipo de violencia cara as mullleres , potenciando actitudes de respeto hacia o feminino".
É que mellor exemplo de superheroína que a nosa nai.
O relato dos pequenos/as sobre a súa superheroína plasmouse nos seus debuxos.
Aquí tedes os resultados:
domingo, 14 de noviembre de 2021
HORTOS ESCOLARES
O noso estilo de vida asociado ás comidas e a actividade física , son unha combinación sólida para un bo e san crecemento.
A base da dieta galega, ten o seu fundamento nos alimentos de proximidade e de tempada.
En Bueu temos a sorte de poder desfrutar destas virtudes grazas á cercanía do mar , a boa climatoloxía e un vínculo coa terra que as xeracións precedentes combinaron e continúan realizando.
Por iso, que mellor idea que tratar de que os nosos pequenos poidan traballar a terra e cultivala.
A ANPA do noso cole participou nesta iniciativa poñendo a nosa disposición aros prefabricados .
Unha vez enchidos de area e terra, comezou a nosa implicación no proxecto: "Hortos escolares"
A primeira tarefa foi limpar de pedras o terreo de plantación.
A continuación volcamos unha bolsa de mantilllo e sustrato para enriquecer a terrra.
Esperamos que nunhas semanas poidamos comprobar o seu crecemento.
viernes, 12 de noviembre de 2021
Magosto 2021
Este ano contamos coa aportación da ASOCIACIÓN CORREDOIRAS, asociación que se preocupa pola conservación e difusión dos XOGOS TRADICIONAIS.
Grazas a sua laboura, poidemos xogar no patio a : os zancos, os aros, a chave e o aro.
viernes, 29 de octubre de 2021
Correlingua 2021
A organización do correlingua tiña preparada unha actuación para hoxe. Data para celebrar a nosa lingua Galega. Que sorte temos de poder falar unha lingua coma esta!
Para poder ver o espectáculo collimos un autobús que nos levou ata o centro social de Bueu. Cada un de nós ocupou o seu asento e deu comezo o espectáculo.
jueves, 28 de octubre de 2021
Samaín e Aniversarios
Hoxe foi un día completo de festa. Viñemos disfrazados ao cole, preparamos entre todos unha cabaza á que lle puxemos unha candea no seu interior, tivemos merenda terrorífica e ata celebramos os aniversarios dos compis do mes de outubro. Non nos deu tempo a aburrirnos!