PELOUROS

PELOUROS

sábado, 22 de junio de 2024

Fin de curso

 Para celebrar o fin de curso tivemos o xoves 20 o concerto de Brais das Hortas que nos sacou o sorriso a grandes e pequenos e nos contaxiou coa súa arte musical. Movemos o esqueleto e quedamos con ganas de máis!

Para rematar o venres 21 tivemos merendola e festa na aula e diversos xogos no patio. Este curso pasou voando...

FELICES VACACIÓNS, PELOUROS!




 

miércoles, 19 de junio de 2024

Compartindo proxectos: Visita de 4ºA aos Pelouros

 Hoxe Mércores recibimos a visita na aula dos Pelouros dos alumnos de 4ºA que se achegaron coa súa mestra Ami para compartir connosco algús dos seus proxectos. 

Primeiro empezou Bosco a expoñer sobre o lagarto arnal , aprendemos moitas cousas e fixoo tan ben que os Pelouros puideron acertar todas as preguntas sobre o bicho , claro que, xa sabedes que temos algún fan dos animais por aquí entre os Pelouros...

Despois Alba e Naara ensinaron a súa maqueta dunha cidade imaxinaria feita con material de refugallo , explicaron como fixeran cada cousa e o material empregado.

Por último, outros nenos e nenas sairon a explicar a pirámide e a roda alimenticia insistindo na necesidade de comer dun xeito saudable e variado.

Despois os alumnos de 4º puderon gozar do noso patio e recordar o ben que o pasaban por alí cando eran cativos.

Moitas grazas amiguiñ@s pola visita , encántounos a experiencia de compartir os coñecementos adquiridos, porque todos aprendemos uns de outros. 

 





 

lunes, 17 de junio de 2024

Receita: Macedonia

O luns pola maña os Pelouros elaboraron unha receita na aula moi saudable: Macedonia

Eles mesmos lavaron, cortaron e mesturaron as froitas , para despois poder degústalas . Moi boas debían de estar, porque moitos repetiron ata 3 e 4 veces!!!





 

viernes, 14 de junio de 2024

Aniversarios de xuño e xullo: Leo e Lara

 Este venres celebramos os aniversarios de Leo que cumple en xuño e Lara que cumple en xullo.

Xuntos decoraron as coroas  e sopraron as candeas . Parabéns para ests amiguiños que xa teñen 5 anos !!!

 





miércoles, 12 de junio de 2024

Festival de fin de curso

Hoxe celebramos o festival de fin de curso e a Graduación dos compañeir@s de 6º de Infantil, e alá fomos estreando camisetas, e dispostos a cantar a nosa canción "Unha vella tiña un can" baseada no conto de Dona Carme e como veredes no video fixémolo moi ben!!!


 

miércoles, 5 de junio de 2024

Visita ao Museo de Pontevedra

 Onte os Pelouros, xunto cos Furabolos, tiveron a súa excursión de fin de curso, e como estamos traballando a arte nestes últimos dias de clase achegámonos ata o Museo para facer alí un talller onde nos axudaron a entender a arte a través de tres sentidos : a vista, o oído e o tacto. O que máis nos gustou foi descubrir un cadro da pintora galega Maruja Mallo que coñeceramos no primeiro trimestre.

 Despois fomos ata un parque para merendar e repoñer forzas antes de ir a xogar. Como podedes ver nas fotos estaban felices de compartir esta aventura xuntos!.


 

lunes, 3 de junio de 2024

Aniversarios Maio: Ada

 O pasado venres celebramos na aula o aniversario de Ada que cumpliu 5 anos este maio, aproveitamos a ocasión para cantarlle a canción de "Parabéns para ti" , comer uns boliños e bailar un anaco, que ,  como  sabedes , aos Pelouros a festa rachada encántalles! 




 

sábado, 1 de junio de 2024

Tempo en Maio

 O tempo en Maio , estivo ben repartido, tivemos un pouco de todo. Esta vez usamos as fichas do dominó para facer o conteo e ,como podedes ver, foron 7 dias de choiva e 13 de sol, e por primeira vez algún neno xa foi quen de dicir cal era a diferencia , cantos días máis tivemos de sol. Estes Pelouros son uns cracks das mates!