PELOUROS

PELOUROS

jueves, 30 de septiembre de 2021

O OUTONO XA CHEGOU

 Recordamos cales son as frutas e os froitos do outono, xa que en breve imos ter unha saída ao mercado de Bueu e temos que ir preparados. Observamos como son os froitos e como se escriben, logo de xeito libre intentamos reproducilo no papel.

Tamén traballamos a lóxica matemática a traves de distintos xogos.








miércoles, 29 de septiembre de 2021

Xogamos con Hervé Tullet

 Hoxe empregamos un xogo de Hervé Tullet. exploramos e manipulamos libremente cada unha das cartas. Logo, entre todos, decidimos construir o noso propio camiño. Tiñamos que estar moi atentos para facer coincidir as liñas e poder continuar o camiño. Así nos quedou:



Despois decidimos debuxar entre todos camiños parecidos. A idea gustounos moito, e irémola repetindo.







viernes, 24 de septiembre de 2021

ANIVERSARIOS SETEMBRO

Os protagonistas desta celebración foron: Martina, Carlota, Rouco e Xandre.

Mirade que guapos e guapas estaban:












jueves, 16 de septiembre de 2021

SAÍDA AO FIC BUEU

 Xunto coa clase dos furabolos realizamos unha saída ao auditorio, onde se celebrou o Fic de Bueu.







Cando chegamos, axudáronnos a atopar o noso sitio para así poder gozar dos diferentes cortos.
Encántaronnos todos!









Ao chegar ao cole, estivemos falando sobre todos os cortos e logo casa un de nós debuxou o que máis lle gustou.