Mostrando entradas con la etiqueta Protagonistas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Protagonistas. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de mayo de 2026

Prota: Lúa

 Esta semana tivemos de protagonista a nosa compañeira Lúa , que é a última en compartir connosco a súa biografía. Estivo contenta de ler e ensinar as fotos da familia , de cando era bebe e da mascota.

Fixo moi ben as tarefas de prota , pasou lista , fixo o conteo , escribiu o nome e debuxouse.



 

Grazas familia por colaborar  con esta actividade. 

domingo, 26 de abril de 2026

Protagonista: Elia

 

 A semana do 20 de abril ao 24 estivo de protagonista Elia, que estivo moi contenta de ser a encargada . Fixo moi ben as tarefas e tamén debuxou o esquema corporal e puxo as letras do seu nome.   O que máis lle gustou foi ensinar o libro que elaborou con fotos na súa casa,  así puidemos coñecer a súa gran familia e as cousas que lle gusta facer. 

Grazas familia por participar en esta actividade .



sábado, 18 de abril de 2026

Protagonista: Pablo Fernández

 A semana do 13 de abril ao 17 estivo de protagonista Pablo Fernández, que estivo encantado de ser o encargado da semana . Foi quen de realizar as tarefas e tamén debuxar o esquema corporal e poñer as letras do seu nome. Pero, sen dúbida, o que mais lle gustou foi ensinar o libro que elaborou con fotos na súa casa. 

Grazas familia por participar en esta actividade .


 


sábado, 11 de abril de 2026

Protagonista : Roi

 A semana do 6 ao 10 de abril estivo de prota Roi , que ademais de facer moi ben as suas tarefas de prota como: pasar lista, colocar o símbolo do tempo, facer o conteo..., estivo moi contento de ler o seu libro , así puidemos coñecer a súa familia e as cousas que lle gusta facer.


 

viernes, 27 de marzo de 2026

Protagonista: Blanca

 Esta última semana antes das vacacións tivemos de protagonista a Blanca , que estivo encantada de realizar as suas tarefas de prota: pasando lista, escribindo o seu nome, debuxando o seu esquema corporal... 

Todas as actividades están pensadas para desenrolar aspectos do currículo de educación infantil. Pero unha parte, non menos importante , é poñer en contacto a comunidade escolar coas familias , así Blanca compartiu as fotos da súa familia , falounos dos seus irmáns, os seus gustos...todo estaba no libriño da súa biografía. 

Agora os Pelouros coñecen moito mellor a compañeira Blanca e o seu entorno.

Grazas familia por facer o esforzo de participar en esta actividade. 


 


sábado, 21 de marzo de 2026

Protagonista : Martín

 A semana do 16 ao 20 estivo de prota Martín , que xa lle tardaba en chegar o día coas ganas que tiña de ser prota. Fixo moi ben as súas tarefas na Asamblea , foi quen de escribir o seu nome e facer o seu esquema corporal. 

Logo contounos a súa historia , falounos da súa irmán maior Ainara e os seus curmáns cos que lle gusta xogar . Tamén nos dixo as súas actividades favoritas .

Grazas familia por participar nesta actividade para acadar o obxectivo de que os Pelouros se coñezan mellor e a aula este mais cohesionada. 


 

sábado, 14 de marzo de 2026

Protagonista: Daniel

 A semana do 9 ao 13 de Marzo estivo de prota Daniel, que está moi ilusionado para afrontar os retos de pasar lista, o tempo , conteo... fixo o debuxo de sí mesmo, e é todo un artista!

Despois contounos a súa biografía , agora coñecemos mais cousas  da súa familia, as súas aficcións...

Grazas familia por colaborar con esta actividade.





 
 

viernes, 6 de marzo de 2026

Protagonista: Ero

Esta semana do 2 de marzo tocoulle estar de prota ao noso compañeiro Ero, que ademais de realizar as súas tarefas de prota na Asamblea, contounos moitas cousas do seu libriño, da súa familia numerosa, as cousas que lle gusta facer...Agora os Pelouros podemos dicir que xa o coñecemos un pouco mellor!

Grazas familia por colaborar nesta actividade! 


 

domingo, 1 de marzo de 2026

Protagonista : Teo

Esta última semana de febreiro tivemos de prota na aula dos Pelouros a Teo e grazas a o libriño que trouxo , agora coñecemos mais da súa historia , familia , gustos... 

Teo estivo encantado de pasar lista , facer o conteo , colocar o símbolo do tempo..., todas as pequenas cousas que fan os protas durante a asamblea , que aínda que semellen sinxelas ao converterse en rutinas dan seguridade ao tempo de inicio da  xornada escolar e permiten traballar aspectos da lectoescritura , o conteo e o esquema corporal dunha maneira lúdica e que lles encanta.


 

 

viernes, 13 de febrero de 2026

Protagonista : ZOE

 Esta semana do 9 de Febreiro tivemos de protagonista a Zoe que estivo moi contenta de contarnos a súa biografía e realizar durante a semana todas as tarefas da asamblea . Pouco a pouco, grazas a actividades como esta, os Pelouros vanse coñecendo mellor e establecendo vínculos, que é un dos obxectivos da educación nesta etapa.

Grazas familia pola vosa colaboración.

 


 

domingo, 8 de febrero de 2026

Protagonista: Pablo Freire

 Esta semana estivo de prota Pablo Freire, que fixo moi ben todas as actividades da asamblea durante todos os días da semana. 

Trouxo o libro coa súa historia e contoulle aos compañeiros e compañeiras moitas cousas da súa biografía. Agora este pequeno libriño quedará na biblioteca de aula para que todos poidan compartilo.

Gracias a Pablo e a súa familia por facelo tan ben ! 


 

sábado, 31 de enero de 2026

Protagonista: Aroa

 Esta semana empezamos na aula dos Pelouros cos "Protagonistas" cada semana estará un neno ou nena de protra para pasar lista, ser o primeiro da fila , traballar o seu nome e o esquema corporal. Farán unha pequena ficha que levarán xuntas cando esten todas rematadas. Tamén levarán a mochila viaxeira durante esa semana.

Esta semana empezou Aroa e un dos obxectivos é que os nenos e nenas da aula se coñezan un pouquiño mais , por iso, coa axuda das familias, elaboramos unha biografía coa historia de cada nen@ que nos contará as suás aficcións, a súa familia...

Como veredes nas fotos, Aroa , para ser a primeira, fíxoo xenial!

Grazas familia por colaborar con esta actividade 


 

jueves, 3 de abril de 2025

Protagonista Dani: o avó Luis e a avoa Rosa

 Esta semana na aula dos Pelouros tivemos a sorte de contar con Dani de protagonista, que para ser a primeira vez fixoo moi ben: pasou lista , realizou o conteo , colocou as tarxetas do tempo...e o mellor de todo ir o primeiro na fila.

Hoxe xoves viñeron ao cole  o seu avó Luis e a avoa Rosa, para falarnos un pouco do traballo que facía Luis antes de xubilarse, capitan de barco de pesca, e foi contando os tipos de barcos que hai, as partes dos barcos, os peixes, os elementos necesarios para navegar... e contestando a todas as preguntas que os Pelouros ían facendo.

Para rematar a avoa Rosa ensinou un debuxo onde tiveron que colocar os nomes e despois colorealo.

Grazas familia por colaborar con esta actividade! 






sábado, 22 de marzo de 2025

Protagonista Uxía: as avoas Rosita e Tere

 Este xoves tivemos a sorte de contar na aula coas avoas de Uxía. Primeiro Rosita falounos do seu traballo como redeira, que empezou con tan só 12 anos . Fixo unha demostración de como reparar unha rede. Esta avoa era toda unha artista cosendo redes e encautonos escoitar falar dun oficio tan importarte nun pobo pesqueiro como Bueu.

Despois tocoulle o turno a Tere que antes de xubilarxe foi mestra e quiso compartir connosco algúns dos xogos aos que xogaba cando era nena e mesmo despois no cole cos seus alumnos: o xogo de "Margarita tiene un gato", "La chata berenguela", e un xogo cooperativo para que os Pelouros aprenderan que o divertido e xogar xuntos, sen necesidade de que haxa un gañador: "As sillas cooperativas". Nas fotos veredes as caras de felicidade dos nenos e nenas.

Por ultimo para relaxarnos un pouquiño contounos , "O elefante que perdeu o seu ollo" , unha viaxe a África a través dun conto sobre a importancia da calma para enfrontar as dificultades.

Graciñas avoas, por compartir connosco un anaquiño do voso tempo para ensinarnos tantas cousas !


 




 




sábado, 15 de marzo de 2025

Protagonista Simón: O avó Walter e a avoa Ely

 Esta semana estivo de protagonista Simón, que estivo encantado de encargarse das tarefas na Asamblea.  O pasado xoves recibimos na aula dos Pelouros ao seu avó Walter e a súa avoa Ely, que viñeron para darnos a coñecer o seu país de orixe: Arxentina. Así, os Pelouros puidemos aprender  cal era a súa bebida típica, o mate, e tamén algo de xeografía ( a cordillera dos Andes), dos gauchos, do tango..., pero o que mais lle gustou aos Pelouros foi que alí é unha gran paixón o fútbol, sendo os equipos mais coñecidos  o Boca e o River.

Despois decoraron uns "alfajores", que son unhas galletas típicas de Arxentina  cociñadas por Ely, permitindo que os nenos e nenas axudaran a rematar a receita poñendo o doce de leite e o coco . Estaban boísimas!!!😋

Grazas familia por achegarvos ata o cole e colaborar nesta actividade.

 


 




lunes, 17 de febrero de 2025

Protagonista Roi: A avoa Carmen

Esta semana esta de protagonista Roi, e quiso empezar a semana acompañado da súa avoa Carmen  que estivo na clase dos Pelouros para contarlles un contiño.

Escolleron o primeiro libro de Felipe Díaz, coñecido por todos como Caxoto, que inspirouse na súa infancia para escribir o conto: "Avoa, neto e burro"

Esta vez tiñamos a avoa, Carmen, o neto Roi, e soamentes nos faltaba o burro...😂😂😂

Grazas Carmen por achegarte a nosa aula para contarnos un conto!


 

sábado, 15 de febrero de 2025

Protagonista Daira: o avó Emilio visita o cole

 Este venres e dentro da semana na que Daira é a protagonista, os Pelouros recibiron a visita de Emilio ou Milo, seu avó. Penso que vive en Meiro , así que aproveitou a visita para falar do millo corvo e de porque se lle chama así, e ensinou unhas mazarocas de millo corvo. Contoulles un pouco de como facían antes que tiñan que axudar na casa a sementar, recoller, debullar e mesmo ir ao muiño para facer fariña. Trouxolles fariña e  tamén millo para debullar, actividade que lles encantou!

Explicou que antes non había xoguetes como agora e que xogaban cos carozos do millo. E  fíxolles uns foguetes e unha boneca.

Grazas avó Emilio por achegarte ata o colexio e contarlles tantas cousas aos Pelouros!


 




miércoles, 5 de febrero de 2025

Protagonista: a avoa de Helena visita o cole

 Esta semana temos de protagonista a Helena, e a súa avoa quiso achegarse ata o cole para contarlles ós Pelouros o conto "Qué jaleo, Timoteo" , que como é un conto moi divertido gustoulles moito, e incluso contou coa colaboración de Helena que axudou a avoa a ler o conto. 

Tamén lles trouxo unhas fotocopias con partes do conto para cada un e un pequeno resumo da historia

Despois por equipos puxemos o nome do conto e a data e coloreamos as imaxes, para poder levalo para a casa como agasallo da avoa de Helena.

Moitas grazas familia por colaborar en esta actividade! 


 



miércoles, 29 de enero de 2025

Protagonista André: Noe visita aos Pelouros

 Esta semana tivemos de protagonista a André e como os seus avós non podían vir ao cole invitou a súa curmá Noe para que viñera facernos unha visita o luns pola maña. Noe está cursando Educación Infantil , así que veu encantada ao cole e cunha proposta innovadora: "Plastilina condutora". Para acadar ese obxectivo, primeiro preparou unha receita de plastilina que elaborou na aula coa axuda dos Pelouros, que tiveron que facer moita forza 💪 para facer zume de limón😂.

 Despois mentres esperabamos que arrefriara a plastilina contounos un conto sobre a súa familia feito por ela mesma, que deixou na aula para que os nenos e nenas o poidan ler cando queiran. 

Por fin, xa colocou as pilas , os cables e coa axuda de André comprobamos que efectivamente a plastilina conduce a electricidade e acendeu unha luz! Os nenos e nenas quedaron abraiados , claro que non toda a plasti fai este efecto, soamente a elaborada cos ingredientes axeitados  (limón , neste caso) despois de que comprobasemos que na plastilina normal que usamos no cole non pasaba a electricidade , Noe, dou por finalizada a sua visita . 

Os Pelouros pasaron con ela un tempo estupendo de aprendizaxe e diversión , e como sempre, estes Pelouros sonche moi agradecidos , démoslle as grazas a Noe por todo o seu traballo e esforzo. Esta chica vale un montón e será nun futuro unha profe estupenda!!!