PELOUROS

PELOUROS

domingo, 26 de febrero de 2023

Protagonista: Carla

Esta semana  de Entroido, tivemos de protagonista a Carla  que estaba moi ilusionada no seu papel de prota. 

Realizou moi ben as suas tarefas: pasar lista, conteo, poñer o símbolo do tempo, etc. e contounos a súa biografía onde nos falou da súa familia, o seu querido irmán maior Lucas e os viaxes e actividades que máis lle gustan.

Como os seus compañeiros, poidemos comprobar que xa é  quen de poñer as letras do seu nome e debuxar moi completo o esquema corporal.

Grazas familia por colaborar en esta actividade.



 

Entroido 2023

 Esta semana celebramos o Entroido no cole e cada día os nenos e as nenas foron cumprindo co mandadiño. Foi  unha semana especial, de festa , de facer máscaras, bailar e pasalo ben cos compañeir@s.

O mellor día foi, sen dúbida, o venres 17 que recibimos no noso patio de infantil a toda a comunidade  educativa: compañeir@s de primaria, profes e familias.

Aquí gozamos realizando un desfile por niveis para poder ver o disfraz de cada grupo, todos relacionados co tema do do colexio este ano: "Moito máis que xogo"

Como sabedes os Pelouros foron disfrazados de "Dominó" e xa podedes ver nas fotos que guap@s estaban.

Despois do desfile contamos coa actuación  da comparsa "Os mulos" que nos cantaron algunha das súas murgas.

Xa cansos, fomos a repoñer forzas compartindo as nosas merendas de Entroido, onde non faltaron : filloas, orellas e rosquillas.

Para rematar seguimos gozando do tempo e da festa no patio.

Grazas familias por a vosa colaboración e por acompañarnos este dia tan especial.








 Así de contentos están co seu disfraz o venres 24 !

 




domingo, 12 de febrero de 2023

Protagonista : Lara

 Esta semana tivemos de protagonista a Lara que desempeñou moi ben o seu papel. Contounos o libro da súa biografia , a súa familia , o seu can , os seus amig@s, e tamén as cousas que lle gusta facer. Agora xa coñecemos máis a nosa compañeira. Como podedes ver na foto ademais do nome, fixo un debuxo moi completo con sol incluido, e grazas a Papirus, que nos enviou unha caixa con disfraces ela foi a primeira en poñer un , a que está guapísima de policía?




 

viernes, 3 de febrero de 2023

Protagonista : Adela

 Esta semana tivemos de protagonista a nosa compañeira Adela, que estivo moi ilusionada pasando lista , fixo moi ben o conteo, e foi quen de poñer o seu nome e debuxarse. Ademais contounos o libro da súa biografía , coñecemos a súa familia e as cousas que máis lle gustan. Agora temos a sorte de coñecela un pouquiño máis!. Grazas familia por colaborar!




 

miércoles, 1 de febrero de 2023

Meteoescolas: o tempo en Xaneiro

Este mes de xaneiro para facer o noso conteo usamos as palliñas de cores, amarelas para o sol, azuis para a choiva e laranxas para días nubrados  , e como podedes ver na imaxe aínda que choveu moito este mes , no cole tivemos sorte e houbo máis días de sol.