PELOUROS

PELOUROS

domingo, 26 de febrero de 2023

Protagonista: Carla

Esta semana  de Entroido, tivemos de protagonista a Carla  que estaba moi ilusionada no seu papel de prota. 

Realizou moi ben as suas tarefas: pasar lista, conteo, poñer o símbolo do tempo, etc. e contounos a súa biografía onde nos falou da súa familia, o seu querido irmán maior Lucas e os viaxes e actividades que máis lle gustan.

Como os seus compañeiros, poidemos comprobar que xa é  quen de poñer as letras do seu nome e debuxar moi completo o esquema corporal.

Grazas familia por colaborar en esta actividade.



 

No hay comentarios: