PELOUROS

PELOUROS

domingo, 26 de febrero de 2023

Entroido 2023

 Esta semana celebramos o Entroido no cole e cada día os nenos e as nenas foron cumprindo co mandadiño. Foi  unha semana especial, de festa , de facer máscaras, bailar e pasalo ben cos compañeir@s.

O mellor día foi, sen dúbida, o venres 17 que recibimos no noso patio de infantil a toda a comunidade  educativa: compañeir@s de primaria, profes e familias.

Aquí gozamos realizando un desfile por niveis para poder ver o disfraz de cada grupo, todos relacionados co tema do do colexio este ano: "Moito máis que xogo"

Como sabedes os Pelouros foron disfrazados de "Dominó" e xa podedes ver nas fotos que guap@s estaban.

Despois do desfile contamos coa actuación  da comparsa "Os mulos" que nos cantaron algunha das súas murgas.

Xa cansos, fomos a repoñer forzas compartindo as nosas merendas de Entroido, onde non faltaron : filloas, orellas e rosquillas.

Para rematar seguimos gozando do tempo e da festa no patio.

Grazas familias por a vosa colaboración e por acompañarnos este dia tan especial.








 Así de contentos están co seu disfraz o venres 24 !

 




No hay comentarios: