PELOUROS

PELOUROS

sábado, 21 de diciembre de 2024

Nadal 2024: Os Reis Magos e festa rachada!

Este venres tivemos a despedida do trimestre. 

Os Pelouros foron convidados polos "peixiños" de tres anos para acompañalos e festexar xuntos. Qué ben o pasamos!!!

Despois fomos ata o colexio de Primaria para poder visitar aos Reis Magos.

Rematamos cantando todos xuntos as panxoliñas que cada ciclo aprendera.

Bo Nadal !!! 


 







Aniversarios de novembro e decembro

 Este venres celebramos o aniversario de Alex que quedou pendente de novembro, porque estivo enfermo, e de Iria que cumplirá a finais de decembro.

Primeiro decoraron a súa coroa , cantamos a canción de "Parabéns" e sopraron as candeas, esta vez nun "panettone" que depois puidemos degustar.

Agora xa todos os Pelouros teñen 5 anos !

Parabéns para Alex e Iria!

 




jueves, 19 de diciembre de 2024

Visita ao IES Johan Carballeira

 Hoxe a primeira hora da mañá fomos ata o instituto para ver a instalación de nadal que fixeron os alumnos do ciclo de soldadura do centro: uns renos e unha fermosa árbore de nadal toda chea de luces! Alí estaba o mestre e os seus alumnos para ensinarnos o seu traballo . Despois fomos convidados a visitar o taller de soldadura e quedamos abraiados con tanta maquinaria que alí había. Aprendemos moitas cousas novas sobre o ferro e como se  traballa.

Por último  fixemos un recorrido por o instituto para ver a decoración de nadal de algunhas portas das aulas.  

Así contentos e felices voltamos ao cole para degustar as galletas  coas que fomos agasallados.

Graciñas!!!


 




Horto : plantamos bulbos

 Este luns os Pelouros visitamos a nosa horta e puidemos comprobar como nos naceran as patacas e os allos que plantamos con Pilar, a avoa de Iria. Esta vez achegámonos á horta para plantar uns bulbos de plantas ornamentais como tulipán ou fresia... , esperemos a ver que sae!!!


 



miércoles, 18 de diciembre de 2024

OBRADOIROS DE NADAL

 O pasado martes tivemos os obradoiros de nadal no noso cole onde os nenos e nenas puderon desfrutar de diferentes actividades ao longo de toda a xornada escolar. Conto musical coa mestra Pilar de música, elaboración dunha postal de nadal coa mestra Marina de inglés, obradoiro sensorial coa mestra Tania, Obradoiro de baile e pandeireta con Raquel e Ana, e intalación navideña coa mestra Lucía. 

Os Pelouros gozaron dunha xornada fantástica. Grazas a todas!


 





jueves, 12 de diciembre de 2024

Protagonista Lara: o avó José

 Esta semana tivemos de protagonista a Lara que o pasado mércores veu acompañada do seu avó José que nos veu a falar dos xoguetes que fabricaba él mesmo cando era cativo. 

Primeiro ensinounos como elaborar un "gatiño", cun anaco de loureiro, e repartiu un a cada neno/a. Os Pelouros gozaron moito do invento porque conseguían facer o son dun gatiño. E non paraban !!! O xoguete gustoulles moito.

Despois cunha palliña e un bugallo amosounos como flota a terra no universo. E para rematar un xogo de cartóns , ao que aínda hoxe xogan na aula.

Despois contounos a historia do seu cabaliño de cartón con moralexa incluída . Ben certo é, como di un proverbio africano, que para educar un neno /a fai falta toda a tribu, e os avós fan unha labor moi importante neste sentido.

Grazas por vir !!!


 



domingo, 8 de diciembre de 2024

Protagonista : Carla

 Esta semana tivemos de protagonista a Carla , e o pasado mércores achegouse ata a escola a súa avoa Alicia que tivo a ben contarnos moitas das cousas que fixo ao longo dos anos, e ben atentos que estaban os Pelouros que, as historias, sobre todo se son reais, gústanllle un montón!

Despois foi Carla que nos leu un conto, moi divertido "Unha liada de mermelada", e esta nena deixounos abraiados co ben que le , demoslle un forte e merecido aplauso!

Graciñas familia por colaborar