PELOUROS

PELOUROS

domingo, 26 de noviembre de 2023

O 25N: Conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.


 Os Pelouros tamén nos sumamos a esta conmemoración , facendo un mural con todo infantil coas nosas mans de cor morado. Aproveitamos para contar xuntos un conto na aula dos Furabolos para entender un pouco mais do tema: " Eu vou comigo"



E tamén participamos na elaboración e  canción " Nelas temos que crer" con todo o colexio. Gozamos moito de participar xuntos con todos os compañeiros e compañeiras!



 

 

sábado, 25 de noviembre de 2023

O protagonista sa semana: Simón

 Esta semana tivemos de prota a Simón, que gozou das suas tarefas de prota como pasar lista e encher o calendario,pero como lle gustan moito as mates encantoulle o conteo , que traballamos dun xeito manipulativo con diferentes materiais.

Hoxe venres achegáronse ao cole Alan e Dina para falarnos dunha das paixóns desta familia que é a música. Ensinaron  algúns dos intrumentos que tocan: a guitarra e o baixo, e para a felicidade dos nenos e nenas deixaron que eles probaran a tocar tamén . 

Falaron das cancións axeitadas para durmir e estar tranquilos e das que serven para despertarnos pola maña, das notas musicais, dos silencios na música ...

Tamén puidemos coñecer a música gospel e mesmo nos ensinaron unha pequena canción.

Os nen@s levaron para a casa como agasallo uns pequenos ovos musicais.

Habendo música non podia faltar o baile, que ben o pasaron os Pelouros! 

Grazas familia por compartir ese tempo connosco e conseguir esas caras de felicidade nas nenas e nenos!


 



viernes, 24 de noviembre de 2023

ANIVERSARIO DE NOVEMBRO: ALEX

 Este mes tivemos de aniversario a Alex que como a maioria dos seus compañeiros xa ten 4 anos e puidemos celebrar na aula unha festa con boliños e cancións que tanto lle gustan ao noso compañeiro.


 



viernes, 17 de noviembre de 2023

Magosto

 O martes 14 celebramos no cole de infantil o noso Magosto.

Este ano tivemos que pospoñer os xogos por mor da choiva pero xuntámonos no ximnasio para cantar a canción do Magosto todos xuntos, e despois chegou o tempo de encher os nosos cestiños coas castañas ben quentiñas que asou Ramón e, comelas! 😋






martes, 14 de noviembre de 2023

A protagonista da semana: Uxía

 Hoxe tivemos na aula dos Pelouros a visita da familia de Uxía , que será a prota durante esta semana. Ana , Andrés e Alba (a súa irmán ) achegáronse ao cole para falarnos das suas profesións e facer unha actividade connosco. Ana contounos que o seu traballo consiste en axudar a xente e Andrés amosounos, a través dunha actividade, o complicado que pode ser organizar un festival de música. Cada equipo tivo que pensar en como organizar o seu concerto, o lugar , o nome do festival e tamén o nome dos cantantes ou grupos invitados. Para rematar as nenas e nenos recibiron como agasallo unha pulseira do festival SonRías. Como podedes ver nas fotos os nenos e nenas gozaron con esta proposta e pasaron un tempo estupendo xuntos.

Grazas familia , por compartir este tempo cos Pelouros!








 

domingo, 12 de noviembre de 2023

A protagonista de semana: Dania

 Esta semana tivemos a Dania de protagonista que estivo encantada de facer todas as actividades da asamblea. Aproveitemos para traballar a lectoescritura atopando e escribindo palabras que empezan por "D". 

Pero, sen dubida, o mellor foi, que o martes a súa nai Naima e o seu irmán pequeno Ahmed, achegáronse ata o cole para falarnos do seu país de orixe: Marrocos. Así, aprendemos moitas cousas da súa cultura, das comidas tradicionais como cuscús , doces típicos, dátiles ... e tamén trouxo unha "xilaba" que é un vestido longo con carapucha que utilizan homes e mulleres en Marrocos. Grazas familia por participar nesta actividade! 



 

lunes, 6 de noviembre de 2023

Meteoescolas: O tempo en outubro

 Este mes de outubro voltamos a retomar a nosa actividade de observación e rexistro do tempo de cada día.

Este  ano tamén iremos memorizando algún refrán ou dito relacionado co tempo de ese mes, así iremos achegando aos nosos nenos e nenas ao pensamento popular baseado na experiencia e na nosa cultura.

O dito de este mes foi: " A lúa de outubre sete cubre", así que toca un ano de moita choiva e iso comprobamos ao contar os días de choiva de este mes, porque dende o 12 de outubro, non parou de chover!

Fixemos unha torre e relacionamos a grafía coa cantidade, estes Pelouros estan manexando moi ben os números e con actividades como esta aprenden dun xeito lúdico e manipulativo.


 


miércoles, 1 de noviembre de 2023

Samaín 2023

 Este ano para celebrar o Samaín, fixemos o luns día 30 na aula o baleirado dunha cabaza, grazas a familia de Daira por compartir unha cabaza da súa horta. Para que poidades botar un ollo, fixen este video...

 

 

O martes día 31 seguimos coa celebración e fixemos varios talleres ao longo da mañá.

"Move o esquelete" , xogos co profe Sergio de educación física.

"Contos para non durmir" coa profe Lucia

"Manualidade  de Samaín" coa profe Sara



"Trick or treat" coa profe Marina de inglés





Tamén tivemos tempo de comer algunhas "chuches terroríficas" 


 

Grazas a todos por colaborar e facer unha festa de Samaín onde os Pelouros disfrutaron tanto!