viernes, 6 de noviembre de 2026

Apadriñamentos lectores

 Este curso para celebrar o día das Bibliotecas , que ven sendo o aniversario de Papirus, que foi o pasado 24 de outubro, decidimos facer un apadriñamento lector entre os Pelouros e o alumnado de 6º de Primaria, que celebramos hoxe.

Despois do patio os Pelouros recibiron moi ilusionados a un grupiño de 6º. Estes, contaron varios contos: 

"O oso atrapa bolboretas", "Corre,corre cabaciña " , "Os Bolechas" , "Non quero ser un polbo" e "O carrizo".

Os Pelouros foron un público moi atento que gozou moito da actividade dado que lle encantan os contos e tiveron unha more deles.

Graciñas amiguiños e amiguiñas de sexto!


 

jueves, 5 de noviembre de 2026

Protagonista : Zoe

Esta semana tivemos de protagonista na aula a Zoe , e hoxe recibimos a visita de Rubiela , a súa nai, que veu a falarnos do seu traballo nunha carniceria . Explicoulles moi ben o seu uniforme , ferramentas e tipos de carnes que hai. 

Logo fixeron unha pequena ficha explicando os cortes da carne . Para rematar trouxo unha canción coa que bailamos e aprendemos . Zoe reparteu un pequeno agasallo para todos os Pelouros .

Grazas familia por facer o esforzo de participar en esta actividade. 


 


domingo, 1 de noviembre de 2026

Aniversario de Outubro: Elia

Este xoves celebramos na aula o aniversario de Elia que se suma aos que xa teñen 4 anos . Fixo a súa coroa e decorouna . 

Cantamos a canción de "Parabéns para ti" antes de soprar as candeas para despois poder degustar os boliños que tanto nos gustan. Rematamos con música e baile. 

Parabéns Elia! 


 


Obradoiros de Samaín

 Este venres celebramos os obradoiros de Samaín para rematar unha semana chea de actividades.

Empezamos escoitando un contacontos dun lobo feroz que quería ser feliz , despois fomos ao taller de baile , probamos sorte nunhas caixas especiais cheas de cousas noxentas , algúns probaron sorte , a outros doulles noxo...ao final houbo un tatoo de agasallo para todos.

Despois xogamos a facer o teatro de trick or treat coa profe Marina de inglés, e xa cansos fomos repoñer forzas cunha merendola especial  de Samaín .

Para rematar xogamos no patio e fixemos no derradeiro obradoiro unha manualidade dun esqueleto.

Grazas a todos! Foi unha xornada fantástica!!!