domingo, 29 de noviembre de 2026

Protagonista Ero e Teo : Descubrimos un tesouro escondido en Beluso

 Estas últimas semanas tivemos de protagonistas na aula a Ero e a Teo que estiveron moi contentos de realizar na aula as tarefas de prota como pasar lista, ir en primeiro lugar na fila...

 Logo quixeron convidarnos a descubrir un tesouro oculto en Beluso xusto na súa casa ,  e alá fomos, porque os Pelouros ir a descubrir algo novo imos entusiasmados . Primeiro no bus, e despois visitamos un viveiro de bonsais en Beluso, non sabiamos que existia un anaco dese arte xapones na nosa vila de Bueu, pero Manuel, o pai de Ero e Teo , que é maestro de bonsais, estivo explicándonos no seu taller e mesmo realizou unha demostración práctica de como convertir unha arbore pequena nun bonsai , ensinou as ferramentas que usaba ,os arames...Os Pelouros escoitaron abraiados porque estaban sorprendidos dese tesouro oculto en Bueu.

A xornada dou para observar os bonsais , xogar libremente no xardín e mesmo recuperar forzas coa merenda . 

Os Pelouros xa cansos voltaron para o cole sabendo que viviron unha experiencia única e irrepetible . Grazas familia por esta actividade tan fantástica! 


 






No hay comentarios: