Este curso para celebrar o día das Bibliotecas , que ven sendo o aniversario de Papirus, que foi o pasado 24 de outubro, decidimos facer un apadriñamento lector entre os Pelouros e o alumnado de 6º de Primaria, que celebramos hoxe.
Despois do patio os Pelouros recibiron moi ilusionados a un grupiño de 6º. Estes, contaron varios contos:
"O oso atrapa bolboretas", "Corre,corre cabaciña " , "Os Bolechas" , "Non quero ser un polbo" e "O carrizo".
Os Pelouros foron un público moi atento que gozou moito da actividade dado que lle encantan os contos e tiveron unha more deles.
Graciñas amiguiños e amiguiñas de sexto!

.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario