domingo, 27 de septiembre de 2026

Aniversarios de Setembro

 O pasado venres celebramos na aula dos Pelouros os aniversarios de Roi que xa cumpliu en agosto,  e Pablo Fernández que cumpliu este mes de setembro.

Primeiro tiveron que decorar a súa coroa para despois de cantarlle xuntos a canción de aniversario, poder soprar as candeas e comer uns ricos boliños.

Parabéns para os dous!!! 


 






domingo, 20 de septiembre de 2026

Saída ao MiniFIC

 O pasado luns achegámonos camiñando ata o Centro Social do mar para participar nunha sesión de curtas dentro da progamación do MiniFIC. Vimos en total sete curtas , fixemos unha paradiña no photocall e despois voltamos para o colexio onde fixemos unha votación para saber cal foi a curta que máis gustou na nosa clase, este ano triunfou "Dúo". Agora seguiremos na aula realizando unha unidade didáctica para achegar aos mais cativos ao sétimo arte.