O pasado venres 26 celebramos na aula os aniversarios de Pedro e Ada que xa teñen 4 anos! Coma sempre gozamos facendo festa , cantando e soprando as candeas , e como non , comemos uns ricos boliños entre todos e todas . Parabéns para Ada e Pedro!
PELOUROS
domingo, 28 de mayo de 2023
jueves, 18 de mayo de 2023
Letras Galegas
Este ano o día das Letras galegas estaba adicado a Francisco Fernández del Riego , que foi un dos grandes impulsores da lingua galega e como tal nos debemos acoller o seu legado e defender a nosa lingua. Din que a lingua e a creación dun pobo, miña nai sempre me falaba entre a diferencia de decir "meu fillo" e "mi hijo"... Porque nos soa tan difrente? porque e a lingua do noso pobo , a que falaban os nosos pais e avós, a que debemos transmitir aos nosos nenos e nenas.Por iso os Pelouros quiseron celebrar ese día escollendo unha palabra cada un: bico, agarimo, bolboreta, raposo, coello... , con todas decoramos as portas do cole.
jueves, 4 de mayo de 2023
Psicomotricidade : A felicidade!
miércoles, 3 de mayo de 2023
Meteoescolas: O tempo en Abril
Este ano non se cumpliu aquilo de "En Abril augas mil" porque de novo houbo exactamente o dobre de días de sol ca de chuvia , aínda que, non contamos aquí co tempo de vacacións de semana santa.
Esta vez fixemos o conteo cunhas torres de pezas grandes e así pudemos ver perfectamente a diferencia: 8 días de sol, 4 de chuvia, e 1 de sol con nubes.