Mostrando entradas con la etiqueta Receitas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Receitas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de junio de 2026

Biscoito de cenoria

 O pasado luns os Pelouros achegámonos ata a nosa horta : era tempo de recolleita!!!

Coas nosas mans arrincamos as cenorias da horta , ( que non eran moi grandes) e coas mellores fixemos un biscoito de cenorias na panificadora. Experimentamos todo o proceso pelar , raiar, remenxer ... esto de ter as mans na masa gústalle moito os Pelouros . 

E que ben saiu o biscoito que so deixaron unhas migallas  Deixo a receita por se alguén quere repetir a experiencia na casa...

 Ingredientes:

300 g de cenoria rallada

4 huevos

1 iogur natural

2 medidas do iogur de azucre moreno

3 medidas do iogur de fariña de trigo

1/2 medida (e un pouquiño máis) de Aceite de Oliva Virxe Extra (AOVE)

1 sobre de fermento químico (po para enfornar) 

Preparación:

Batido inicial: Bate os ovos nun bol xunto co azucre moreno, o iogur e o aceite.

Mestura: Engade a cenoria relada e remove ben.

Integración: Agrega a fariña e o fermento, removendo ata obter unha masa homoxénea.

Cocción: Verte a masa na cubeta da túa panificadora, programa en modo só enfornar e deixa que se cociñe.


 



miércoles, 23 de octubre de 2024

Os Pelouros visitan a panadería

 Este mes de outubro estamos traballando no proxecto do millo, e tiñamos programada unha visita a panadería de Olga pero tivemos que esperar a que o tempo nos permitira sair cos nenos e nenas . 

Hoxe mércores, alá fomos, todos contentos e Carlos explicounos moi ben todo o proceso de facer o pan e deixounos amasar o noso boliño de pan. Foi unha experiencia fantástica para tod@s, e estamos moi agradecidos a Carlos pola súa paciencia e por sacar do seu tempo de traballo para facernos esta actividade.


 

viernes, 18 de octubre de 2024

Os Pelouros fan madalenas de cabaza

Este ano a colleita na nosa horta foi moi pobre , pero aínda así colleitamos unha pequena cabaza que polo seu peso era perfecta para facer a receita de madalenas de cabaza, e unha receita moi sinxela pero aos Pelouros encantoulles! 


 

lunes, 17 de junio de 2024

Receita: Macedonia

O luns pola maña os Pelouros elaboraron unha receita na aula moi saudable: Macedonia

Eles mesmos lavaron, cortaron e mesturaron as froitas , para despois poder degústalas . Moi boas debían de estar, porque moitos repetiron ata 3 e 4 veces!!!





 

lunes, 25 de diciembre de 2023

Galletas

 Os Pelouros este ano tamén tiveron ganas de amasar, e traballando o texto da receita, intentamos facer unhas galletas e como podedes ver polas fotos, estanse a covertir nuns expertos pasteleiros: amasar , peneirar a fariña , engadir os ingredientes , estirar a masa ( que se nos pegaba un pouco) ... bueno , as galletas sairon bastante ben e de sabor estupendas , os Pelouros quixeron repetir!