PELOUROS

PELOUROS

viernes, 27 de octubre de 2023

Aniversarios de outubro: Ainara, Liam e Telmo

Hoxe celebramos na aula os aniversarios do mes de outubro, Ainara e Telmo , que xa van tendo todos 4 anos . Aproveitamos para deixar a un lado a merenda saudable, para permitirnos uns boliños moi ricos 😋

Tamén para cantarlles "Parabéns para ti" e bailar un pouco. 


 

 

Despedida de Liam


Onte tivemos que darlle a coroa de cumple a Liam e despedirnos porque debido a un traslado de domicilio vaise para outro cole . Foi moi fermoso ver como se queren estes Pelouros , Liam marchouse cheo de bicos e apertas. Moita sorte no novo cole cos novos amigos e amiguiñas que te están esperando!


 

Celebramos o aniversario de Papirus

Como sempre o 24 de outubro e o día das Bibliotecas escolares e celebramos o aniversario de Papirus. Este ano o mércores  25 fixemos un apadrinamento lector para conmemorar o día. Aínda que pensabamos visitar a biblioteca de Primaria, por mor da chuvia, tivemos que quedar no noso cole, no patio cuberto. Aos Pelouros tocoulle cos nenos e nenas de 5ºB , que tamén foran Pelouros cando estaban en Infantil, así que ademais de ler o conto, visitaron a súa antigua aula e lembraron cando estaban ahí. A actividade resultou un éxito , os nenos e nenas conectaron moi ben e a profe Toñi tamén estivo encantada de charlar cos seus antiguos alumnos e alumnas.






 

domingo, 15 de octubre de 2023

UVAS CON QUEIXO RICO, SABEN A BICO

 O PASADO MÉRCORES FIXEMOS NA AULA UNHA DEGUSTACIÓN PARA COMPROBAR SI ERA CERTO O REFRÁN :" UVAS CON QUEIXO RICO, SABEN A BICO" , E SI , RESULTOU TODO UN ÉXITO. DENTRO DO PROXECTO DA VENDIMA FIXEMOS ESTA DEGUSTACIÓN E TAMÉN TRABALLAMOS AS MATEMÁTICAS DUN XEITO MANIPULATIVO FACENDO UNHA SERIE DE DOUS ELEMENTOS (UVAS), NUN PAU DE BROCHETA, ANTES DE COMELAS.


 

Visita da Banda de Música de Bueu

 O PASADO MÉRCORES TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR NA NOSA ESCOLA A BANDA DE MÚSICA DE BUEU, QUE NOS ENSINOU TODOS OS TIPOS DE INSTRUMENTOS QUE TEÑEN E TAMÉN INTERPRETARON ALGUNHAS PARTITURAS. 

DESPOIS DEIXARON QUE OS NENOS E NENAS FOSEN PROBANDO TODOS OS INSTRUMENTOS PARA DESCUBRIR CAL ERA O SEU FAVORITO. OS PELOUROS GOZARON CON ESTA ACTIVIDADE COMO PODEDES COMPROBAR COAS FOTOS.

SE ALGÚN NENO OU NENA O DESEXA PODE PARTICIPAR NESTA ACTIVIDADE DA QUE MANDAMOS INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. COMO PODEDES  VER , ENTRE OS PELOUROS, HAI MOITO TALENTO POR DESCUBRIR !

MOITAS GRAZAS A BANDA POR ESTE CONCERTO!!!