PELOUROS

PELOUROS

viernes, 27 de octubre de 2023

Celebramos o aniversario de Papirus

Como sempre o 24 de outubro e o día das Bibliotecas escolares e celebramos o aniversario de Papirus. Este ano o mércores  25 fixemos un apadrinamento lector para conmemorar o día. Aínda que pensabamos visitar a biblioteca de Primaria, por mor da chuvia, tivemos que quedar no noso cole, no patio cuberto. Aos Pelouros tocoulle cos nenos e nenas de 5ºB , que tamén foran Pelouros cando estaban en Infantil, así que ademais de ler o conto, visitaron a súa antigua aula e lembraron cando estaban ahí. A actividade resultou un éxito , os nenos e nenas conectaron moi ben e a profe Toñi tamén estivo encantada de charlar cos seus antiguos alumnos e alumnas.






 

No hay comentarios: