PELOUROS

PELOUROS

martes, 21 de diciembre de 2021

Aniversarios de Decembro

Este mes xa celebramos na escola que Alex, Martina e Aroa  xa teñen 5 anos. Agora tod@s temos esa idade.

Así cantamos a canción dos Parabéns e eles foron quen de apagar a súa candea.





viernes, 17 de diciembre de 2021

NADAL

Comezando o mes de Nadal, puxemos en marcha actividades e talleres de  manualidades, que tanto nos gustan.

O primeiro que fixemos foi alumear a aula estampando con patacas.


Creamos neve!




Días mais tarde tocounos amasar, estirar, marcar e cortar bonecos de xenxibre e árbores, para cando secaran pintalos e decoralos.