PELOUROS

PELOUROS

viernes, 29 de mayo de 2020

Video: os Pelouros son uns artistas

De novo un pequeno vídeo para que vexades que grandes artistas son os Pelouros!!!

Para facer este fin de semana propoño a elaboración dunha receita que ten como ingredientes fundamentais as froitas, pode ser para un almorzo , unha merenda , un postre...
Cada nen@ escribirá a lista das froitas, e se quere o debuxo.
 Receta de macedonia de frutas para niñosLa fruta que comes está viva
MACEDONIA DE FRUTAS
Ingredientes:
- Laranxas (zumo)
- As froitas que che apetezan ou teñas pola casa: pera, mazá, fresa, arándanos, plátano, mora, sandía,…
- Tamén podedes utilizar piña ou melocotón en almibar.
Elaboración:
Troceamos a froita en anacos pequenos e poñémolos nun bol.. A continuación facemos o zumo de laranxa e incorporámolo a froita troceada.
E recomendable servir a macedonia fresquiña

jueves, 28 de mayo de 2020

O número tres


Hoxe imos lembrar o número tres:

 
Actividades opcionais (podedes elixir a que queirades):
-         - Agrupar obxectos de tres en tres
-         - Repasar o número  tres polos puntos
-         - Debuxar os tres chibos chibóns
-         - Facer algunha serie de tres elementos

miércoles, 27 de mayo de 2020

Xogamos cos títeres dos chibos chibóns


Hoxe imos lembrar de novo o conto, podemos ver o vídeo outra vez e imos a centrarnos nas personaxes do conto: recordar cantos eran, a súa personalidade, carácter,  centrándonos nos detalles, as súas accións…etc por exemplo : como era o trasno e que fixo?
Despois, poden elaborar os títeres dos chibos chibóns para xogar con eles a representar o conto