Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de mayo de 2026

Mandalas vexetais

 Esta semana familias, grazas a vosa colaboración , aportando flores e outros elementos vexetais , fixeron posible que os Pelouros e Furabolos sairan ao patio para elaborar estas mandalas vexetais .

Xa sabedes que as actividades fóra da aula son das que máis gozan os nenos e nenas,  e como, agora na primaveira, o tempo o permite aproveitamos esta actividade para desenrolar a creatividade e amosar que se pode facer arte con calquer elemento da natureza.  


 



martes, 14 de mayo de 2024

Creatividade

 Os Pelouros pasan moito tempo argallando cousas, ideas, que as veces plasman, coma neste caso, nunha escultura. Quero compartir este momento coas familias porque é moi fermoso velos traballar xuntos, durante o tempo de xogo libre  construindo entre tod@s. Deixeinos mover  cadeiras e banquetas e quedaron moi contentos co resultado!



 

viernes, 29 de diciembre de 2023

Os Pelouros descubren a Maruja Mallo



 Os Pelouros encantalles a arte , dentro do proxecto da vendima descubrimos un cadro de Maruja Mallo, a pintora galega, e estivemos investigando un pouquiño sobre ela , e como nos encantaron os cadros que pintaba, quixemos nós facer un coma ela e experimentar un pouco, elaborar unha obra de arte: o fondo , as cores , elementos naturais... 



 

domingo, 23 de octubre de 2022

Os Pelouros descubren a Pollock

Esta semana os Pelouros, para cumprir un dos obxectivos do currículo que e o achegamento a diferentes manifestacións artísticas, grazas a nosa mascota Papirus que nos prestou un libro do pintor, descubriron a Jason Pollock ao que lle gustaba a pintura en movemento, e estaredes de acordo comigo que aos nosos Pelouros a pintura tamén lles encanta e o movemento … pois mais aínda!

A curiosidade é como foron quen de facer eses cadros tan chulos, pois veredes, empregamos as cores do outono porque e o que estamos traballando este mes, coas cores nunha bandexa e a maxia dunha bóla movéndose creamos estes cadros.


 

 

lunes, 18 de octubre de 2021

SAMAÍN

Comezamos a facer cousiñas de Samaín. Esta temática encántanos a todos moitísimo! Comezamos decorando debuxos e caveiras, así de bonitos van quedando.









miércoles, 29 de septiembre de 2021

Xogamos con Hervé Tullet

 Hoxe empregamos un xogo de Hervé Tullet. exploramos e manipulamos libremente cada unha das cartas. Logo, entre todos, decidimos construir o noso propio camiño. Tiñamos que estar moi atentos para facer coincidir as liñas e poder continuar o camiño. Así nos quedou:



Despois decidimos debuxar entre todos camiños parecidos. A idea gustounos moito, e irémola repetindo.