miércoles, 17 de junio de 2026

Biscoito de cenoria

 O pasado luns os Pelouros achegámonos ata a nosa horta : era tempo de recolleita!!!

Coas nosas mans arrincamos as cenorias da horta , ( que non eran moi grandes) e coas mellores fixemos un biscoito de cenorias na panificadora. Experimentamos todo o proceso pelar , raiar, remenxer ... esto de ter as mans na masa gústalle moito os Pelouros . 

E que ben saiu o biscoito que so deixaron unhas migallas  Deixo a receita por se alguén quere repetir a experiencia na casa...

 Ingredientes:

300 g de cenoria rallada

4 huevos

1 iogur natural

2 medidas do iogur de azucre moreno

3 medidas do iogur de fariña de trigo

1/2 medida (e un pouquiño máis) de Aceite de Oliva Virxe Extra (AOVE)

1 sobre de fermento químico (po para enfornar) 

Preparación:

Batido inicial: Bate os ovos nun bol xunto co azucre moreno, o iogur e o aceite.

Mestura: Engade a cenoria relada e remove ben.

Integración: Agrega a fariña e o fermento, removendo ata obter unha masa homoxénea.

Cocción: Verte a masa na cubeta da túa panificadora, programa en modo só enfornar e deixa que se cociñe.


 



No hay comentarios: