Mostrando entradas con la etiqueta experimentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta experimentación. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de abril de 2026

Experimentos

 Os experimentos son unha maneira práctica de achegar a ciencia aos nenos e nenas, e, en educación infantil, é moi importante aproveitar a natural curiosidade dos cativos.

Como estamos traballlando a unidade temática da primavera fixemos estes experimentos:

O 16 de abril teñir as flores con colorante alimentario

O 21 de abril extraer a clorofila das follas 

Os Pelouros estaban asombrados, da gusto ver o seu interese por estas actividades!!!


 





miércoles, 20 de marzo de 2024

BECHOS

 O martes tivemos a visita no cole de Miguel, de "Mundo bichos", un biólogo , que sinte paixón polos bechos e veu ata a aula para ensinarnos moitas cousas destes pequenos bechiños: qué comen , cómo se reproducen , onde viven ...

Tamén permitiu que os nenos e nenas tocasen a maioría dos insectos: o insecto pau, o saltón de folla verde, as cascudas , os escaravellos, os milpés, e incluso a tarántula , que como veredes nas fotos moitos valentes atrevéronse a tela nas mans.

Os Pelouros gozaron moito da actividade, pero sobre todo Roi , porque é tamén un apaixonado dos bichos e por pouco non deixa marchar a Miguel!😂

 


 
 





miércoles, 29 de septiembre de 2021

Xogamos con Hervé Tullet

 Hoxe empregamos un xogo de Hervé Tullet. exploramos e manipulamos libremente cada unha das cartas. Logo, entre todos, decidimos construir o noso propio camiño. Tiñamos que estar moi atentos para facer coincidir as liñas e poder continuar o camiño. Así nos quedou:



Despois decidimos debuxar entre todos camiños parecidos. A idea gustounos moito, e irémola repetindo.