Como despedida de este curso tan diferente , os Pelouros andiveron argallando un novo video, perdoar os erros porque foi feito á présa, pero grazas o seu esforzo poidemos rematalo.
Espero que tod@s pasedes un bo verán ! Ata setembro!
Espero que tod@s pasedes un bo verán ! Ata setembro!
Hoxe pola mañá , dentro das actividades de celebración do fin de curso, tivemos a actuación da Orquesta Pantasma , que a pesares do nome, era unha soa persoa que tocaba o mesmo tempo varios instrumentos ,usando mans e pés. Foi espectacular e o mellor de todo foi que os cativos non pararon de bailar , tanto que algúns remataron esgotados. Pero valeu a pena , a festa rachada sempre lles encanta aos Pelouros!!!
HOXE OS PELOUROS ESTIVERON DE FESTA CELEBRANDO O ANIVERSARIO DE BERTA E IZAN DE XUÑO E AROA BASTÓN DE DE XULLO , COMA SEMPRE PAPAMOS TODOS OS BOLIÑOS E FESTEXAMOS XUNTOS O ANIVERSARIO.
Onte fixemos unha das excursións programadas dentro do proxecto que estamos traballando para coñecer mellor a obra de Urbano Lugrís, e fomos facendo unha camiñata ata a Capela dos Santos Reis.
Martina que estaba de prota guiounos polo camiño porque vive perto dalí.
Ao chegar á estrada, grazas á xestión da profe Teruca, contamos coa axuda da Policia Local, que nos acompañou pola parte perigosa da estrada.