Mostrando entradas con la etiqueta Aniversario Papirus. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aniversario Papirus. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de noviembre de 2025

Apadriñamentos lectores

O pasado xoves tivemos actividades de apadriñamentos lectores para celebrar o día das Bibliotecas escolares e o aniversario de Papirus . A primeira hora da maña viñeron os nosos padriños e madriñas lectores  ( alumnos e alumnas de 2º de Primaria) para coller da man aos pequenos de tres anos. Con eles achegámonos ata o Bibliocastelo para saudar a mascota do colexio: Papirus. Os nosos padriños e madriñas tiñan preparada a representación de dous contos : Cocorico e Corre , corre , cabaciña. Os Pelouros encantoulles porque o fixeron xenial! Graciñas a todos os  nenos e nenas polo seu esforzo facendo para nós un teatro tan ben representado.

Ao voltar ao noso centro fixemos unha paradiña para ver a decoración de Nadal. Despois os Pelouros quiseron ver ao Papa Noel que está na clase de Cris e alí tamén coñecemos a elfiña Aroa. Como podedes ver o Nadal xa esta aquí! 


 






lunes, 25 de octubre de 2021

Aniversario de Papirus

 Hoxe subimos ao cole de maiores xa que Papirus está de aniversario. Fomos cos nosos compis Os Furabolos ata o corredor no que vive Papirus, no fondo do mar do bibliocastelo da Pedra. Alí Papirus tiña unha tarta coa que lle cantamos os "parabéns". Logo entramos dentro da bibliocastelo, onde a profe Lucía nos contou o conto da Bruxa Regañadentes.