PELOUROS

PELOUROS

jueves, 22 de diciembre de 2022

Visita dos Reis Magos

 Hoxe último día de cole antes das vacacións de Nadal os Pelouros escribiron unha carta aos Reis para entregarlla en persoa , foi unha xornada moi especial , pero estes Pelouros son moi valentes e foron sen problema, demos a carta , cantamos a panxoliña "Chegou o Nadal" e despois comemos roscón e  bebemos un batido de chocolate.

 Así remata este primer trimestre para os Pelouros. Foi moi emocionante compartir con eles tantos momentos durante este periodo de adaptación ao colexio, e teño que dicir que o fan fenomenal, así que espero que os Reis Magos traian moitos agasallos. Bo nadal,familias!


 

Protagonista : Helena

 Esta última semana de cole antes das vacacións de Nadal tivemos de protagonista a Helena que fixo con moito gusto as súas tarefas de prota na asamblea e como vedes xa é unha experta en escribir o seu nome e debuxarse!


Helena , como é unha nena moi autónoma, foi quen de contarnos o libro da súa  biografía. Grazas familia por colaborar!


Aniversario de Decembro : Iria

 Hoxe celebramos na aula dos Pelouros o aniversario de Iria que estaba moi contenta por poder celebrar os seus 3 anos, agora xa todos os Pelouros teñen esa idade , aínda que, por pouco tempo...

Para celebrar cantamos a canción de "Parabéns" e comemos un anaco de roscón porque nestas datas e con chocolate está boísimo!

Parabéns Iria!





 

miércoles, 21 de diciembre de 2022

Panxoliña: Chegou o Nadal

 Os nenos e as nenas de infantil cantan xuntos a panxoliña  "Chegou o Nadal" signando, grazas a Rosa, intérprete en lingua de signos que ensaiou  con eles,  e mirade que ben o fan:



Visita dos alumn@s de 1º de Primaria

 Na última semana de cole antes das vacacións de Nadal tivemos a visita no cole de Infantil das nenas e nenos de 1º de primaria ,  que antes foron alumn@s da profe Toñi, así que os recibimos moi ilusionados e agradecidos pola visita. Cantaron unha preciosa panxoliña e deixaron na aula unha postal xigante de Nadal, feita entre todos. Nós, invitamos a que probaran as galletas  da receita que fixemos polo nadal. Grazas as profes Rosa e Marta por facer posible esta visita!




 

martes, 20 de diciembre de 2022

Guías de Nadal

 Como todos os anos, un grupo de mestras/es elabora esta guía de libros escritos en galego, así podedes atopar algunha idea nesta época de agasallos, estes contos son os aconsellados para o alumnado de Educación Infantil.

 


viernes, 16 de diciembre de 2022

Protagonista : André

 Esta semana tivemos de protagonista a André que estivo moi contento ensinando o libro da sua biografía e facendo as tarefas de prota. Mirade que ben construíu as letras do seu nome e fixo o seu debuxo!

Grazas familia por colaborar con esta actividade.


 

martes, 13 de diciembre de 2022

Celebración do 25 de Novembro, Día Internacional da Non Violencia contra ás Mulleres

 Para celebrar o 25N ademais de traballar na aula que nos gusta o bo trato, mellor ca o uso da violencia, tivemos unha sesión de contacontos promovida polo CIM (Centro de Información á Muller) do Concello de Bueu en colaboración co Departamento de Orientación do colexio.

A través dos contos:  "Guapa", "Ricitos de oso" e "Maruxa" os cativos e as cativas puideron achegarse a este tema, reforzar a autoestima, valorar as suas capacidades e reflexionar sobre o papel da muller, camiñando cara a igualdade de xénero


Os Pelouros estiveron moi atentos e, como os contos lles encantan, gozaron coa actividade

 

viernes, 2 de diciembre de 2022

Protagonista: Daira

Esta semana tivemos de prota a Daira , que foi quen de  contarnos a súa biografía e falarnos da súa familia e da súa querida mascota, un coelliño. Como podedes ver debuxou o seu esquema corporal e tamén as letras do seu nome. Grazas familia por colaborar con esta actividade!

 



 

Outono

 Iniciamos esta unidade didáctica observando os cambios na natureza que nos rodea, despois na aula fixemos un mural entre tod@s


Invitamos ás familias a achegarse ao monte para recoller elementos da natureza e compartilos na aula: follas, noces, castañas, ourizos... cos que aprendemos a facer series, conteo, construcción do número, moitos-poucos, diferentes tipos de follas, as cores do outono...Grazas familias por colaborar con esta actividade.