Mostrando entradas con la etiqueta Excursións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Excursións. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de abril de 2025

Os Pelouros asaltan o castelo de Soutomaior

 Hoxe foi un día moi especial para os Pelouros que foron a asaltar o Castelo de Soutomaior, como actividade de fin do proxecto que nos tivo moi motivados aprendendo moitas cousas da Idade Media.

O viaxe en bus foi especial porque entre amigos e con tanta emoción...

Ao chegar ao castelo estaba  esperándonos Anxo o noso guía que nos levou por todo o castelo, contando as historias de personaxes como Pedro Madruga que viviron alí. Coma sempre os Pelouros moi atentos aprendemos moitas cousas da vida no castelo.

Despois da visita guiada tivemos tempo de repoñer forzas cos bocatas .

Para rematar puidemos xogar nos xardins do castelo cos escudos e espadas, pero sen mancarnos! ...

Xa cansos voltamos para o cole , e ainda que tivemos que ter paciencia cun atasco , chegamos a tempo de rematar unha xornada tan divertida!


 

miércoles, 5 de junio de 2024

Visita ao Museo de Pontevedra

 Onte os Pelouros, xunto cos Furabolos, tiveron a súa excursión de fin de curso, e como estamos traballando a arte nestes últimos dias de clase achegámonos ata o Museo para facer alí un talller onde nos axudaron a entender a arte a través de tres sentidos : a vista, o oído e o tacto. O que máis nos gustou foi descubrir un cadro da pintora galega Maruja Mallo que coñeceramos no primeiro trimestre.

 Despois fomos ata un parque para merendar e repoñer forzas antes de ir a xogar. Como podedes ver nas fotos estaban felices de compartir esta aventura xuntos!.


 

martes, 18 de abril de 2023

Saída polo río Bispo

 Coa chegada do bo tempo os Pelouros tiveron ganas de saír de excursión e aproveitamos o paseo do río Bispo que está cerca do colexio para saír a vivir unha aventura e descubrir os cambios que na natureza está a provocar a chegada da primavera. O paseo foi unha gozada, collemos flores, fixemos ramiños,  e como dixo Telmo tivemos sorte de cruzar a ponte sen atopar ningún ogro como no conto dos chibos chibóns. Atopamos un cabalo, quedamos pampos mirando a cascada, pero tivemos mala sorte cos patos: non atopamos ningún, outra vez será...