PELOUROS

PELOUROS

sábado, 25 de noviembre de 2023

O protagonista sa semana: Simón

 Esta semana tivemos de prota a Simón, que gozou das suas tarefas de prota como pasar lista e encher o calendario,pero como lle gustan moito as mates encantoulle o conteo , que traballamos dun xeito manipulativo con diferentes materiais.

Hoxe venres achegáronse ao cole Alan e Dina para falarnos dunha das paixóns desta familia que é a música. Ensinaron  algúns dos intrumentos que tocan: a guitarra e o baixo, e para a felicidade dos nenos e nenas deixaron que eles probaran a tocar tamén . 

Falaron das cancións axeitadas para durmir e estar tranquilos e das que serven para despertarnos pola maña, das notas musicais, dos silencios na música ...

Tamén puidemos coñecer a música gospel e mesmo nos ensinaron unha pequena canción.

Os nen@s levaron para a casa como agasallo uns pequenos ovos musicais.

Habendo música non podia faltar o baile, que ben o pasaron os Pelouros! 

Grazas familia por compartir ese tempo connosco e conseguir esas caras de felicidade nas nenas e nenos!


 



No hay comentarios: