Esta última semana antes das vacacións estivemos moi atarefados na aula dos Pelouros
O martes fixemos unha búsqueda, no patio, de ovos de Pascua , que despois comemos ( xa sabedes que co chocolate somos un pouco larpeiros...😋 )
Como o tempo está tan bo , gozamos da actividade un montón
O xoves celebramos o Día do Teatro e recibimos a visita do alumnado do Joham Carballeira para representar unhas obriñas axeitadas a nosa idade. Grazas a todos e todas por participar!
A mestra de apoio Carla todas as semanas adica unha sesión para traballar cos Pelouros a robótica. Nas fotos podedes ver canto aprenden e como les gusta actividade.
Para rematar a semana colaboramos coa marcha solidaria, en favor de Cáritas, xunto con todo o alumnado do centro.
Despois de tanta actividade toca un descansiño. Felices vacacións de Pascua!

.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario