PELOUROS

PELOUROS

jueves, 30 de enero de 2025

Día da Paz

 Hoxe 30 de xaneiro celebramos no cole o día da Paz. Fixemos na aula unha coroa decorada coa pombiña da paz e escribimos esta palabra tan fermosa.

A media maña achegámonos ata o colexio de Primaria para celebrar xuntos este día tan significativo.

Escoitamos os manifestos pola paz dos alumnos de primaria e despois cantamos e sinamos a canción "Muiñeira irmandiña" de Xabier Díaz .


 

miércoles, 29 de enero de 2025

Protagonista André: Noe visita aos Pelouros

 Esta semana tivemos de protagonista a André e como os seus avós non podían vir ao cole invitou a súa curmá Noe para que viñera facernos unha visita o luns pola maña. Noe está cursando Educación Infantil , así que veu encantada ao cole e cunha proposta innovadora: "Plastilina condutora". Para acadar ese obxectivo, primeiro preparou unha receita de plastilina que elaborou na aula coa axuda dos Pelouros, que tiveron que facer moita forza 💪 para facer zume de limón😂.

 Despois mentres esperabamos que arrefriara a plastilina contounos un conto sobre a súa familia feito por ela mesma, que deixou na aula para que os nenos e nenas o poidan ler cando queiran. 

Por fin, xa colocou as pilas , os cables e coa axuda de André comprobamos que efectivamente a plastilina conduce a electricidade e acendeu unha luz! Os nenos e nenas quedaron abraiados , claro que non toda a plasti fai este efecto, soamente a elaborada cos ingredientes axeitados  (limón , neste caso) despois de que comprobasemos que na plastilina normal que usamos no cole non pasaba a electricidade , Noe, dou por finalizada a sua visita . 

Os Pelouros pasaron con ela un tempo estupendo de aprendizaxe e diversión , e como sempre, estes Pelouros sonche moi agradecidos , démoslle as grazas a Noe por todo o seu traballo e esforzo. Esta chica vale un montón e será nun futuro unha profe estupenda!!!


 




sábado, 25 de enero de 2025

Protagonista Ada: o avó Antonio

Despois de ser prota durante esta semana, por fin chegou o xoves e a nosa prota veu moi contenta acompañada do seu avó Antonio, que enterado de que estamos investigando a Idade Media veu a falarnos do Camiño de Santiago que ten a súa orixe nesa etapa da historia e Antonio, que ahora está xubilado, colleulle o gusto a facer o camiño , así veu ao cole para compartir cos nenos e nenas a suas aventuras de camiñante , amosou  os sellos e a compostelana. 

Despois contounos un conto "Santiago de Compostela contada aos nenos" e para rematar agasallou aos Pelouros cunha cuncha de vieira para cada un, por se se animan a facer o camiño...😀

Graciñas Antonio por achegarte ao cole e facernos participes da tua peregrinaxe!


 



domingo, 19 de enero de 2025

Protagonista Leo: a avoa Pilar

O pasado xoves tivemos a visita na aula da avoa de Leo, Pilar , que pasou toda a mañá connosco, realizando diversos experimentos que fixeron alucinar aos nosos Pelouros.

O primeiro experimento foi "caucho flexible" e permitiunos comprobar como unha simple goma cambia a sua temperatura cando se estira.

Despois o experimento "ósos de goma " onde comprobamos como os ósos de polo deixados varios días en vinagre, este toma o calcio e quedan brandos.

Coa presión atmosférica fixo varios experimentos para demostrar que o aire pesa, que actúa en todas as direccións e que o aire ocupa o seu lugar.

O "teleférico a reacción " tamén lles gustou moito, pero sin duda o último experimento, o do volcán, foi o que conseguiu ser o número 1 de favoritos.

Grazas Pilar, por facer pequenos científicos  e científicas dos nosos Pelouros!