domingo, 30 de noviembre de 2025

Apadriñamentos lectores

O pasado xoves tivemos actividades de apadriñamentos lectores para celebrar o día das Bibliotecas escolares e o aniversario de Papirus . A primeira hora da maña viñeron os nosos padriños e madriñas lectores  ( alumnos e alumnas de 2º de Primaria) para coller da man aos pequenos de tres anos. Con eles achegámonos ata o Bibliocastelo para saudar a mascota do colexio: Papirus. Os nosos padriños e madriñas tiñan preparada a representación de dous contos : Cocorico e Corre , corre , cabaciña. Os Pelouros encantoulles porque o fixeron xenial! Graciñas a todos os  nenos e nenas polo seu esforzo facendo para nós un teatro tan ben representado.

Ao voltar ao noso centro fixemos unha paradiña para ver a decoración de Nadal. Despois os Pelouros quiseron ver ao Papa Noel que está na clase de Cris e alí tamén coñecemos a elfiña Aroa. Como podedes ver o Nadal xa esta aquí! 


 






domingo, 23 de noviembre de 2025

MAGOSTO 2025

O pasado martes 18 celebramos o magosto no cole. Saímos do noso  centro e fomos camiñando ata o centro de Primaria onde a asociación Corredoira xa nos tiña preparados uns xogos tradicionais como: bolos , corda, chapas, aros...

Despois do xogo, e xa coas familias que puideron achegarse ata o centro, comemos as castañas que nos asaran os alumnos do IES Joham Carballeira.

Grazas a todos os que fixeron posíbel este Magosto tan fantástico!


 





domingo, 16 de noviembre de 2025

Degustación de froitas do outono

Esta semana para rematar coa unidade temática do Outono fixemos na aula unha degustación dalgunhas froitas do outono.  A granada pareceulle como gominolas , o caqui tamén lles gustou... 

Estou encantada con estes Pelouros porque a maioría probaron todo e comeron ata non deixar nada!😋.  





 

lunes, 3 de noviembre de 2025

Obradoiros de Samaín

O pasado xoves día 30 de outubro tivemos unha xornada moi especial e diferente : "Os obradoiros de Samaín" polos que fomos rotando todas as aulas. Primeiro coa mestra Carla, un obradoiro de tatoos, despois música terrorífica na pantalla e a bailar coa mestra Tati, para despois gozar facendo apócemas coa profe Ana . Despois tivemos que facer unha paradiña para repoñer forzas, cunha boa merenda e por último con Marina ensaiamos o " Trick or treat" e aínda tivemos tempo de xogar no noso fermoso patio!