O pasado xoves día 30 de outubro tivemos unha xornada moi especial e diferente : "Os obradoiros de Samaín" polos que fomos rotando todas as aulas. Primeiro coa mestra Carla, un obradoiro de tatoos, despois música terrorífica na pantalla e a bailar coa mestra Tati, para despois gozar facendo apócemas coa profe Ana . Despois tivemos que facer unha paradiña para repoñer forzas, cunha boa merenda e por último con Marina ensaiamos o "Treat or Truck" e aínda tivemos tempo de xogar no noso fermoso patio!

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario