Estes Pelouros estan aprendendo moitas cousas e unha delas é a compartir . Así, Lúa compartiu connosco unha grande e fermosa cabaza para que todos os Pelouros puideran axudar a baleirala. Primeiro fixemoslle a cara, os ollos de triángulo, o nariz redondo como no conto de "Tito" ( que lles gusta moito) e despois unha boca contenta, para que non se asusten moito estes cativos.
Gozaron moito de ver o que había dentro da cabaza e sácalo para fóra , pero o mellor veu ao final cando apagamos as luces e acendemos a candea...qqqqué medoooo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario