Os Pelouros xa están metidos de cheo na unidade didáctica do outono, e o pasado venres quixemos saír da aula , apoveitando o bo tempo , a recoller unhas poucas follas . Para eso achegámonos ata o instituto Joham Carballeira , pedimos permiso e puidemos gozar xogando debaixo das fermosas árbores que teñen . Podedes imaxinar que ben o pasaron , collían as follas , lanzábanas , xogaron na pendente coma se as follas fosen un tobogán ... ata a mestra acabou co pelo cheo de follas.
Pero o máis fermoso de todo foi como unha compañeira lembrouse de que Lúa non estaba porque atopábase enferma e tivo que marchar, e dixo que ía recoller unhas poucas follas para Lúa. "Que boa amiga!" dixen eu : meu dito meu feito, todas e todos quixeron ser bos compañeir@s e trouxeron follas para Lúa.
Da gosto ver como en pouco máis dun mes que levamos xuntos xa están xurdindo fermosos lazos de amizade.
Ao voltar para o noso cole preguntaban cando íamos volver...
No hay comentarios:
Publicar un comentario